Trinta e seis adegas e colleiteiros participarán na 61ª Festa do Viño do Ribeiro

Todas las actividades se desarrollarán entre os días 3, 4 e 5 de maio en Ribadavia

Publicidade
Trinta e seis adegas e colleiteiros participarán na 61ª Festa do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 61ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio de 2024, no recinto da Alameda en Ribadavia, presenta as actividades que se levarán a cabo na presente edición. Neste ano participarán un total de 36 adegas e colleiteiros que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes que se acheguen ata Ribadavia durante os días do evento.

O público deberá mercar a súa copa na caseta de venda de copas (na entrada do recinto) e, posteriormente, visitará as casetas das adegas onde poderá optar por degustar os viños mediante a proba (pequena cantidade de viño para catar o viño), copa ou por botella. Cada opción terá un prezo diferente que marcará cada adega.

A principal novidade desta edición reside na zona gastronómica, que contará con dous ambientes diferenciados. Por un lado, un restaurante con capacidade para 150 persoas, que ofrecerá tres menús diferentes a escoller, e no que se poderá reservar previamente tanto para xantar como para cear. Por outra parte, tamén haberá un espazo denominado “Zona de Tapeo”, que contará cunha pulpeira, cun posto de queixos de todo o mundo e cun posto de Coren, onde se ofertará comida variada e complementaria para aquela xente que acuda sen reserva ou que queira acompañar os viños con algo de comer.

Entre as principais actividades destacan os showcookings e catas comentadas con cociñeiros e sumilleres de recoñecido prestixio, RibeiroBUS (rutas turísticas nun autobús antigo polos viñedos e patrimonio do Ribeiro), a cata popular, actuacións musicais en sesión nocturna tralo peche do recinto, zona infantil, Botella Xigante, visitas guiadas ao Castelo e ao Museo do Viño de Galicia, etc.

Para calquera información adicional poden dirixirse a:
Concello de Ribadavia
Praza Maior, 4
Tel: 988 477 100
alcaldia@ribadavia.es

Programación:

PROGRAMA DIA 3 DE MAIO 2024-01

PROGRAMA DIAS 4 e 5 DE MAIO 2024-01

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información