Esta semana os prezos do gando mantivéronse sen cambios con respecto da feira pasada no mercado de Amio. Con todo apréciase unha tendencia á alza na recría de raza Frisoa.
En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.650 animais, 81 máis que na feira da semana pasada. En concreto, houbo 1.389 cabezas de vacún menor (34 máis), 99 de vacún mediano (15 reses máis) e 162 de vacún maior (32 máis).
Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne.
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (29-XI-2023).