Medio Rural ofertará no vindeiro curso 406 prazas para iniciar estudos nos seus centros formativos
A conselleira María José Gómez presentou en rolda de prensa as novidades da oferta que reúnen os seis centros de formación e experimentación agraria (CFEA) da Xunta de Galicia. Como novidades, salientou a posta en marcha do curso de especialización en Floraría e Arte Floral en Guísamo, a duplicación das prazas na FP Dual de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal en Sergude ou a reapertura da residencia no Pedro Murias