Como facilitar o relevo xeracional e o acceso á terra a persoas alleas ao sector agrogandeiro

Unha guía analiza experiencias levadas a cabo en Francia, Irlanda, Austria, Escocia, Gales, Portugal e en distintas comunidades autónomas españolas para fomentar a entrada de novos titulares procedentes doutros ámbitos nas granxas sen continuidade

ganderia Cuinha SC (Lugo) paisaxe rural PAC parcelariaO Grupo Operativo TERRACTIVA vén de publicar unha recompilación de experiencias inspiradoras a nivel europeo sobre como facilitar o acceso á terra agraria tanto a novos/as entrantes (persoas alleas ó sector agrario con intención de incorporarse ao mesmo) como a explotacións existentes que non contan cun relevo garantido.

“A compilación de experiencias demostra o carácter estratéxico deste grupo de agricultoras/es emerxentes ao tempo que ratifican a necesidade de xerar ferramentas que faciliten a abordaxe dos principais desafíos que enfrontan”, salientan desde este grupo operativo, do que forman parte entre outras a EFA Fonteboa, o GDR das Mariñas, a Fundación Juana de Vega, a cooperativa Horsal e o Laboratorio do Territorio da USC.

Dende o Reino Unido, pasando por Austria ou Galicia, detállase como cada rexión desenvolve unhas ferramentas propias motivadas polas distintas realidades que enfrontan. Así mesmo, recolle tamén os distintos instrumentos de mobilidade e de xestión e recuperación de terras que actualmente existen en Galicia, así como un breve resumo da situación actual deste perfil a nivel galego.

Facilitar o acceso de persoas alleas ao sector

Este será o derradeiro ano de traballo para o Grupo Operativo TERRACTIVA. O proxecto comezou a andar a finais do ano 2022, centrado na facilitación da entrada no sector agrario de persoas alleas, as chamadas novas e novos entrantes, finalizando na actualidade co desenvolvemento de diferentes guías especialmente enfocadas no apoio a persoal técnico das distintas entidades de acompañamento e asesoramento no eido agrario (GDRs, Oficinas Rurais, Cooperativas, diversas asociacións e fundacións, etc.).

Nos vindeiros meses publicaranse outros recursos cos cales o grupo pretende xerar unha base metodolóxica e orientadora que as entidades dispostas deberán “aterrar” no seu territorio para poder traballar segundo o método proposto. Paralelamente, o grupo desenvolverá unha serie de talleres para o achegamento das ferramentas ao persoal obxectivo que poida estar interesado no emprego das mesmas.

Terractiva é un proxecto beneficiario das axudas para a execución de proxectos dos Grupos Operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A publicación está dispoñible na web de Terractiva: Apoio a novas e novos entrantes no acceso a terras: Experiencias inspiradoras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información