Amplíase o prazo de comunicación de cesións de dereitos de pago básico ata o día 31

Amplíase o prazo de comunicación de cesións de dereitos de pago básico ata o día 31

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente confirma que o prazo para a presentación da solicitude única da PAC 2017 finaliza o 15 de maio e non se prorrogará máis aló desa data, como pide Andalucía e algunhas organizacións agrarias. As modificacións á solicitude única da PAC poderán presentarse durante o período do 16 ao 31 de maio.

Con todo, si se amplía a comunicación de cesións de dereitos de pago básico ata o próximo 31 de maio.

O pasado 10 de maio, a Junta de Andalucía solicitou prorrogar de novo o prazo para a presentación da solicitude única ata o próximo 31 de maio, alegando o atraso nos trámites de comunicación de cesións de dereitos de pago básico que unicamente se pode realizar, en base á normativa vixente, ata a data final de presentación da solicitude única, actualmente o 15 de maio.
 
Tras consultar con todas as Comunidades Autónomas o Ministerio decidiu non ampliar o prazo para a presentación da Solicitude Única da PAC dado que ningunha outra Comunidade Autónoma apoiaba esta nova prórroga. Por tanto, o vindeiro luns 15 de maio finaliza o prazo para a presentación da solicitude única da PAC da campaña 2017.

Con todo, entre o día 16 e o 31 de maio os agricultores que rexistrasen unha solicitude única poderán presentar modificacións dos datos declarados. Neste período de modificación é posible engadir parcelas ou dereitos de pago básico á solicitude, así como modificar a utilización ou o réxime de axuda solicitado das parcelas agrícolas xa declaradas na solicitude única.

Amplíase o prazo de comunicación de cesións de dereitos de pago básico ata o día 31 de maio
 
Sen embargo, para poder solucionar o problema exposto na comunicación de cesións de dereitos de pago básico, as Comunidades Autónomas mostraron o seu acordo, de maneira maioritaria, á posibilidade de ampliar o prazo de comunicación de cesións de dereitos de pago básico ata o próximo 31 de maio.

Por iso, iniciouse a tramitación dunha orde ministerial que permitirá realizar esta ampliación de prazo. Segundo o Ministerio, aténdese así a petición da Junta de Andalucía para que todas aquelas cesións de dereitos de pago básico que se comuniquen entre o 16 e o 31 de maio poidan ter efecto xa na campaña 2017 de tal maneira que o comprador ou arrendador dos dereitos poida xa cobralos nesa campaña.
 
Esta modificación permitirá facer coincidir a finalización do prazo de presentación das modificacións da Solicitude Única, prevista para o próximo 31 de maio, co período de comunicación de cesións de dereitos de pago básico.
 
Coa modificación da data de comunicación das cesións de dereitos de pago básico o que se consegue é que se un produtor compra ou arrenda parcelas e dereitos de pago básico tras presentar a súa solicitude única poderá presentar ata o 31 de maio tanto a modificación da súa solicitude única para incorporar as devanditas parcelas á mesma, como comunicar a cesión dos dereitos de pago básico que pretende cobrar nesas parcelas.
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información