Subas nos becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra incrementos nos prezos dos tenreiros carniceiros nunha semana de máximos históricos no vacún maior. A recría cotiza á baixa e estabilízase o porcino. Subas no mercado do ovo

Subas nos becerros carniceiros en Silleda

Becerros na Central Agropecuaria de Galicia. // Foto de arquivo.

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, que se celebra en Silleda (Pontevedra), encadea por segunda semana consecutiva prezos de récord no vacún maior, ó acadar o maior prezo da historia da central pola venda dun boi e ó fixar un novo prezo máximo medio nesta categoría. Tamén se manteñen as subas nos prezos dos becerros carniceiros. Na recría, houbo unha baixada xeral tanto nos becerros frisóns como nos cruzamentos.

Na mesa de cotizacións do porcino acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para o porco cebado e os leitóns. Tampouco houbo novidades na Lonxa de Madrid para o coello. No mercado do ovo aprécianse subas en boa parte das seccións.

No caso da recría frisoa, os animais máis novos reduciron en 8 euros o seu valor e quedan en 78 euros. Os exemplares de entre 20 e 50 días foron os únicos que conseguiron unha suba, de 3 euros, e sitúanse nun prezo medio de 99 euros. Os animais de máis de 50 días mantivéronse sen cambios e cotízanse a 100 euros.

Na recría de cruzamentos industriais as baixadas foron máis acusadas. Os becerros de menos de 20 días experimentaron unha redución de 6 euros e atópanse a 236 euros. Con todo, a baixada máis importante produciuse nos animais de máis de 50 días, cunha redución de 19 euros, polo que se cotizan a 323 euros. A única suba rexistrouse nos becerros de entre 20 e 50 días, que lograron un incremento de 6 euros e acadan os 286 euros.

Nos becerros carniceiros, os animais frisóns están a un prezo medio de 642 euros, logo dunha suba de 110 euros. Nos exemplares de cruzamentos industriais a suba foi de 19 euros e acadan os 882 euros. Porén, as femias non seguiron a mesma tendencia e experimentaron unha baixada de 29 euros. Nos becerros de Rubia Galega, os machos lograron situarse nun prezo medio de 1.029 euros, mentres as femias descontaron 41 euros e quedan nos 829 euros. Nos exemplares co selo Ternera Gallega, o prezo medio quedou en 930 euros, logo de descontar 4 euros con respecto da semana pasada.

O vacún maior, pese ós elevados prezos rexistrados, mesmo ó lograr unha venda de récord, experimentou unha baixada xeral con respecto da feira anterior. As vacas da categoría extra descontaron 60 euros e quedan en 2.030 euros. Nos animais de primeira a baixada foi de 10 euros e están a 1.121 euros, mentres as vacas de segunda cotízanse a 728 euros, tras unha rebaixa de 31 euros. A única excepción veu dada nos animais de desfeito, cunha suba de 38 euros, de xeito que se cotizan a 522 euros. Pola súa banda, os exemplares co selo Vaca e Boi de Galicia teñen un prezo medio de 1.996 euros, logo dunha suba de 233 euros.

Central agropecuaria Galicia vacuno 2_11_2021

Estabilízase o porcino

Tras varias semanas á baixa, a mesa de prezos do porcino acordou manter esta semana as cotizacións sen cambios tanto no porco cebado como nos leitóns. O porco selecto e o normal cotízanse a 1,025 e 1,000 euros o quilo, respectivamente. Os exemplares de Canal II sitúanse en 1,299 euros o quilo e os animais de desvelle están a cotizarse entre os 0,28 e os 0,34 euros.

Os leitóns tamén continúan esta semana sen cambios. Os exemplares procedentes dunha única granxa están nos 26 euros (cun prezo de 1,3 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías cotízanse a 21 euros e teñen un prezo por quilo de 1,05 euros.

No mercado do ovo houbo unha suba dos prezos en boa parte das categorías. Os ovos da XL son a excepción e mantéñense a 1,65 euros a ducia. Mentres, o resto de seccións experimentaron un incremento de 0,03 euros que deixa os ovos da L a 1,33 euros, os da M a 1,15 euros e os da S páganse a 0,94 euros a ducia. Nas galiñas de descarte tamén houbo unha suba dos prezos, neste caso de 0,02 euros e agora cotízanse entre os 0,18 e os 0,25 euros por quilo.

O coello mantense sen cambios e atópase a un prezo de 2,25 euros o quilo na lonxa de Madrid.

Central agropecuaria porcion 2_11_2021

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información