Subas no vacún maior e mediano no Mercado de Amio

Subas no vacún maior e mediano no Mercado de Amio

Nave do Mercado de gando de Amio. // Imaxe de arquivo.

O Mercado de gando de Amio, que se celebrou onte mércores, rexistrou subas dos prezos no vacún mediano e no maior. En concreto, no caso do mediano as subas van entre os 2 e os 20 céntimos por quilo, en función da categoría. Pola súa banda, no vacún maior as subclases de O2, O1, P2 e P1 soben 5 céntimos por quilo. Na recría mantéñense os prezos da semana pasada.

A mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou manter os prezos da sesión anterior para tódalas calidades e categorías.

En canto á asistencia houbo 1.545 reses, o que supón 70 máis que a sesión da semana pasada. En concreto, na feira de hoxe contabilizáronse 1.335 cabezas de vacún menor, 71 máis que na sesión anterior. Houbo 87 de vacún mediano (15 menos) e 123 de vacún grande (14 máis que a semana pasada).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (31-V-2023).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información