Delagro imparte unha xornada sobre fertilización en pradeira

12/12/2014 11:45 a.m.

Máis de 30 técnicos das cooperativas vinculadas a DELAGRO: as galegas Agris, Coba de Vales, Xallas, Cusoviame, Os Irmandiños, Poluga, Cogasar, Cobideza, Coelplan e Codegui e a asturiana Campoastur, desprazáronse ata as instalacións de DELAGRO, nas Pontes (A Coruña) para asistir ao evento, que contou con clases magistrales dos técnicos de Yara Iberian, a división peninsular de Yara International. A empresa de orixe noruego, maior fabricante mundial de fertilizantes, confía nas posibilidades tecnolóxicas do Complexo Interdisciplinar das Pontes para o envasado dalgunha das súas variedades.

Felipe Posada, director comercial de Yara, inauguraba o seminario, seguíndolle Mariano Cadenas, responsable comercial para a Zona Noroeste de Yara. Este centrouse nas directrices de seguridade no manexo de fertilizantes e aportou as claves de elección do fertilizante máis adecuado para cada pradera en función do cultivo, o estado fenológico e os requerimientos nutricionales. Tamén detallou o comportamento de cada nutriente implicado no desenvolvemento do cultivo.

Pola súa banda, Luís Angel López, responsable do departamento agronómico de Yara, debullou as especificidades do catálogo de produtos da compañía e dirixiu a demostración práctica dos mesmos, ademais de afondar na lexislación e estándares de etiquetado (TDS).

A xornada completouse coa presentación de diversas ferramentas de mercadotecnia destinadas a facilitar o manexo de fertilizantes, como o servizo CheckIt, unha aplicación móbil que mostra fotografías de cultivos para identificar as súas deficiencias nutricionales, ou Tankmix, que permite contrastar a compatibilidad de produtos Yara con diversos fitosanitarios.

DELAGRO é socio autorizado de Yara e integra cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia. Fuertemente asentada como central de compras, conta cunha potente estrutura departamental en alimentación e produción vegetal e animal, automoción, fertilizantes, combustibles, etc., á vez que estende a súa actividade ao área de asesoramiento e marketing entre outras.

Etiquetado
Ir a la portada