Mercarural estrea tenda na Pastoriza

10/12/2014 8:50 p.m.

Mercarural, a rede de tendas de Delagro, ven de abrir un novo establecemento na localidade de Bretoña, no concello lucense da Pastoriza.

Representantes de Delagro desprazáronse a localidade lucense de Bretoña, na Pastoriza, para reunirse cos membros do Consello Rector da cooperativa gandeira, Terras do Miño e rubricar, nun acto de carácter oficial, a súa benvida á firma Mercarural, firma que traballa na unificación da imaxe das distintas tendas agrarias.

A cooperativa abría ao público, fai uns días, a súa propia tenda agraria. O local, duns 300 metros cadrados, destinou unha parte importante da superficie a supermercado, destacando as familias de froitería e charcutería ao corte, reservando o 40% do espazo restante á venda de produtos agrarios (roupa e calzado de traballo, sementes, produtos fitosanitarios e zoosanitarios, material de hixiene e muxido, etc.), co que a entidade está preparada para cubrir as principais demandas dos seus clientes.

Mercarural: unha rede que xa conta con 7 tendas

A imaxe do novo espazo comercial adáptase íntegramente aos parámetros establecidos por Mercarural, firma que dota de personalidade diferenciada ás tendas do ámbito rural baixo criterios estéticos, comerciais e de marketing avanzado, precedidos da realización dun completo e rigoroso estudo de mercado.

Os criterios engloban, desde a xestión no aprovisionamiento ata a disposición final dos produtos nas estanterías, incidindo nunha actividade formativa previa e continuada do persoal, impartida por persoal altamente cualificado procedente da estrutura departamental de DELAGRO.

Con esta, son sete as cooperativas que, desde o verán de 2011, xa han implantado ou transformado as súas tendas baixo as directrices de Mercarural.

Actualmente DELAGRO segue traballando na implantación da marca MERCARURAL en tendas de Asturias, Cantabria e Galicia.

Etiquetado
Ir a la portada