A sondaxe realizada entre os usuarios do Mercado de Amio, celebrado este mércores, amosa subas nos prezos da recría. En concreto, na recría de cruces industriais de cor houbo un incremento de 5 euros.
No que se refire á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, a mesa de cotizacións acordou unha suba de 3 céntimos nos prezos de todas as categorías e calidades desta carne.
Na xornada deste mércores contabilizáronse 1.716 reses, é dicir 58 máis que na sesión anterior. Houbo 1.379 cabezas de vacún menor, 32 máis que a pasada semana. Rexistráronse 140 de vacún mediano (23 máis) e 197 de vacún grande (3 máis).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (19-X-2022).