As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola suba xeral dos prezos do gando vacún, tanto becerros de recría como vacún maior.
Así, nos becerros recría de Frisoa os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 138 euros, fronte aos 115 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 160 euros por xato, oito máis que o prezo medio pagado o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén subiron ata os 190 euros, fronte aos 178 euros da semana anterior.
Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral tamén foi á alza. Así, na categoría de menos de 20 días, houbo uns prezos medios de 270 euros fronte aos 248 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 321 euros, fronte aos 305 da última poxa. Nas femias, os prezos medios tamén subiron: 244 euros por animal fronte aos 227 da última cotización. En canto aos xatos de máis de 51 días, a suba tamén foi apreciable: 429 euros de media para os machos, fronte aos 393 do pasado martes.
No vacún maior a tendencia xeral tamén foi a unha lixeira suba, aínda que con excepcións. Deste xeito, quedaron en 1.072 euros de media en categoría primeira, 715 en segunda -a máis numerosa- e 417 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.084 , 710 e 426 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron da seguinte maneira:
Ovos e coello estables
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións para todas as categorías. Así, a L e a M quedaron en 1,12 e 1,08 euros a ducia, respectivamente. A XL e a S tamén se mantiveron sen cambios en 1,21 e 0,92 euros a ducia, respectivamente.
Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, as cotizacións non se moveron: quedaron nos 1,40 euros o kilo.
Suba do porco cebado e dos leitóns
En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis subir os prezos; desta volta un 0,03% para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,285 e 1,260 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén subiu, un 0,039% ata 1,636 euros por quilo.
En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, tamén houbo unha suba, neste caso do 0,06%, ata os 1,570 euros o quilo, mentres que nos demais mercados europeos tamén houbo unha tendencia xeral á suba das cotizacións.
En canto aos leitóns, acordouse unha nova suba dos prezos, en concreto dun 1%. Deste xeito quedaron nos 39 euros os procedentes de varias explotacións e nos 44 euros os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira: