O Mercado de gando de Amio rexistrou esta semana unha suba de 10 euros nos becerros de recría de cruces industriais de cor. Mentres, continúan á baixa os prezos do vacún maior das clasificacións O e P.
En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.569 animais, tan só 2 menos que na feira da semana pasada. En concreto, houbo 1.355 cabezas de vacún menor (77 máis), 84 de vacún mediano (54 reses menos) e 130 de vacún maior (25 menos).
Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne.
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (22-XI-2023).