Subas nos prezos de Ternera Gallega

Subas nos prezos de Ternera Gallega

Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron esta semana unha suba de 0,03 euros para as canais da categoría Suprema e Ternera.

No Mercado de Amio este mércores tamén houbo un incremento de 5 euros nos prezos da recría de cruces industriais de cor, tal e como amosa a sondaxe realizada entre os asistentes. Ademais houbo unha suba dos prezos nalgunhas das canais do vacún mediano de matadoiro.

En canto á asistencia, rexitráronse 1.597 reses, o que supón 86 menos que na sesión da semana pasada. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.417 cabezas de vacún menor, 52 menos que na sesión anterior. Houbo 77 de vacún mediano (7 menos) e 103 de vacún grande (27 menos que a semana pasada).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (11-X-2023).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información