Suba nos becerros pintos en Silleda

Suba nos becerros pintos en Silleda

Este martes reanudouse parcialmente a actividade do mercado de gando da Central Agropecuaria de Galicia – Abanca, que ten lugar no recinto feiral de Silleda (Pontevedra), logo da pausa pola celebración da Semana Verde. Asi retomouse o mercado vacún, pero só para os becerros de recría, mentres que o vacún maior e os becerros carniceiros terán que agardar á vindeira semana para volver asistir ao recinto feiral.

En canto ós prezos da recría, en xeral houbo unha suba dos becerros pintos e unha baixa dos de cruce. En concreto, nos animais de raza frisoa, os becerros de menos de 20 días cotizáronse a 82 euros, tras un incremento de 12 euros respecto á última poxa. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, a sección con maior afluencia de gando, a suba foi de 13 euros e sitúanse nun prezo medio de 105 euros. Nos becerros de máis de 50 días o prezo mediou quedou en 110 euros, 8 menos que na última subasta

Na recría de cruces industriais, o gando máis novo baixou 22 euros e atópase nos 209 euros. Nas femias desta sección tamén houbo unha baixada similar e o prezo medio situouse nos 153 euros. Unha das excepcións deste tipo de gando foron os animais de entre 20 e 50 días, xa que os machos experimentaron unha suba de 14 euros, o que deixa uns prezos medios de 255 euros. No caso dos becerros de máis de 50 días produciuse unha caída de 60 euros, co que acadan os 330 euros.

SILLEDA VACUN 2021 SETEMBRO 1

Mesas de prezos de porcino, avicultura e coello

Esta semana o porco cebado experimenta unha baixada xeral en tódalas categorías. Así, os porcos da categoría selecta e normal rexistraron unha baixada de 0,05 euros, que deixa un prezo de 1,205 e 1,180 euros o quilo respectivamente. Nos exemplares de Canal II a baixada foi de 0,065 euros por quilo e cotízanse agora a 1,532 euros. Tamén se acordou unha baixada para os exemplares de desvelle, ó descontar 0,03 euros e establecerse agora entre os 0,41 e os 0,47 euros.

Os leitóns baixaron 1 euro. Os exemplares procedentes dunha única granxa están nos 33 euros (cun prezo de 1,65 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías sitúanse nos 28 euros e cun prezo por quilo de 1,4 euros.

No mercado do ovo tamén houbo fortes baixadas este martes. Deste xeito, os ovos da XL cotízanse a 1,55 euros a ducia -0,33 euros menos que a pasada semana- , os da L están a 1,30 euros -0,21 euros menos-, os da M atópanse a 1,05 euros -caída de 0,23 euros- e os da S páganse a 0, 85 euros, 0.19 euros menos que a pasada semana. As galiñas de descarte continúan entre os 0,15 e os 0,22 euros por quilo.

Por último, o prezo do coello mantense sen variacións nos 1,90 euros o quilo.

SILLEDA PORCINO 2021 SETEMBRO 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información