Suba dos becerros de recría e carniceiros en Silleda e baixada do vacún maior

O vacún maior baixa lixeiramente. O porcino e os coellos repiten os valores da semana pasada, ao igual que os ovos

A Central Agropecuaria de Galicia celebrou este martes no recinto feiral de Silleda a súa habitual sesión cunha suba nos animais de recría e nos carniceiros, e unha lixeira baixada no vacún maior como principais novidades da xornada. 

En concreto, nos xatos frisóns os animais de 15 a 20 días subiron 15 euros de media con respeto á pasada semana, até colocarse en 130 euros, mentres a categoría de 21 a 50 días cotizou a 146 euros logo de gañar 7 euros. Os animais máis grandes, de máis de 50 días, repuntaron ata os 190 euros, 21 máis que na sesión anterior.

O cruce industrial comportouse de xeito desigual, pois mentres os animais máis pequenos perderon 28 euros, até situarse en 361, tanto os medianos -a categoría mais numerosa- como os grandes experimentaron unha forte suba, de 28 e 39 euros respectivamente, até situárense en 422 e 583 euros.

SILLEDA VACUN MAIO 23 1

Cebo e desvelle

A mesma tendencia mostraron os animais de cebo, onde os xatos carniceiros frisóns gañaron este martes case 300 euros para situarse en 1067. O cruce industrial gañou 49 euros, até os 1.163.

No que respecta ao vacún maior, séguense mantendo boas cotizacións en todas as categorías, pero cunha lixeira caída con respecto da semana anterior. As vacas extra vendéronse de media a 2.202 euros (66 menos), a categoría primeira a 1.112 (30 menos), a segunda a 754 (2 euros máis) e os animais de desvelle a 465 euros, o que supón unha caída de 56 euros sobre a semana pasada. 

Porcino, coellos e ovos

No gando porcino, tanto os animais cebados como os leitóns mantivéronse sen cambios a respecto da sesión anterior. Tampouco variou a cotización dos ovos e dos coellos, que seguen a 2,40€/kg. 

SILLEDA porcino MAIO 23 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información