Galicia é a segunda comunidade máis premiada nos Porc d´Or, os galardóns ás mellores granxas de porcino de España

23-10 INTERPORC Premios Porc d'OrO Palacio de Congresos da Llotja de Lleida acolleu o pasado 20 de outubro a celebración da 30.ª edición dos premios Porc d´Or, organizados polo Institut de Recerca i Tecnologia Agroalimentàries (IRTA).

Máis de 1000 profesionais asistiron a este evento no que se premia ás granxas de porcino máis punteiras de España, en parámetros como lonxevidade, produtividade ou manexo.

Precisamente, entre as novidades desta edición destacou o novo Premio Porc d´Or ao Manexo en Lactación cuxo obxectivo é recoñecer, entre as granxas reproductivamente eficientes, aquelas que destacan por unha alta taxa de supervivencia dos leitóns durante a lactación e boas prácticas de manexo en maternidades.

Doutra banda, Ceva Salud Animal deseñou o Premio Especial One Health co obxectivo de promover e dar voz a accións e proxectos que promovan o enfoque integral dunha Soa Saúde nas granxas porcinas. E, finalmente, o Premio do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que pasa a denominarse Premio do MAPA á Sustentabilidade, e concédese a unha granxa que destaque sobre o resto en Sanidade e Benestar Animal e o respecto ao Medio Ambiente.

Galicia é a segunda comunidade con máis galardóns

Un total de 37 granxas de sete comunidades autónomas recibiron os 43 premios (40 xenerais e tres premios especiais) deste ano. Por Comunidades, Aragón converteuse na rexión máis galardoada, cun total de 13 figuras (6 para a provincia de Zaragoza, outras 6 para Huesca e 1 para Teruel): 4 ouros (entre eles 1 polo novo premio ao manexo en lactación), 3 pratas e 5 bronces. Ademais, a Huesca foise o Premio Porc d´Or do MAPA á Sustentabilidade, máis concretamente á granxa Laguarres-Agropecuaria do Isábena, de Pensos Mazana.

Seguíronlle as comunidades autónomas de Galicia, cun total de 9 figuras (7 para a provincia de Ourense e 2 para A Coruña): 4 ouros (2 polo premio ao manexo en lactación), 1 prata e 4 bronces; e Cataluña, tamén con 9 galardóns (8 para Barcelona e 1 para a provincia de Xirona): 2 ouros, 5 pratas e 1 bronce, ademais do Porc d´Or con Diamante, que foi para Granxa Solallong, de Joaquim Rovira Baucells, situada en Sora (Barcelona)

Gandarías premiadas nos Porc d´Or 2023:

porc d or 23 1 porc d or 23 2

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información