Suba dos becerros de recría de raza Frisona

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 30 de xuño

Suba dos becerros de recría de raza Frisona

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola lixeira suba nos becerros para recría de raza Frisona, agás nos xatos de máis de 51 días. Os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 137 euros; a 152 € o de 21 a 50 días, e a 151 euros o de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 115, 147 e 157 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruce industrial, seguen á baixa, igual que na semana pasada, agás nos machos de máis de 51 días, que pasaron de 443 a 483 €.
As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_VACUNO_30_06_2015

Suba nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordose unha nova suba do 0,03%. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,49 € para os XL; 1,36 € a ducia para a categoría L; 1,18 para a M, e 1,03 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións seguen nos 1,40 €/kilo.

Estabilidade no porco cebado e no leitón

En porcino, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da pasada semana. Nos principais mercados europeos os prezos cotizaron á baixa, con descensos do 0,09 % en Alemaña, do 0,02% en Dinamarca.

En canto aos leitóns acordouse tamén manter os prezos.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_PORCINO_30_06_2015

Récords anuais na poxa de vacún maior

Por outra parte, a Central Agropecuaria de Galicia alcanzou hoxe tres récords anuais na súa poxa de vacún maior: en asistencia, volume de transaccións e animais adxudicados.

En canto a asistencia, concorreron á central 377 reses, situándose ata hoxe o récord anual nas 358 que acudiron á poxa a semana pasada (23 de xuño). Tamén o número de exemplares de vacún maior adxudicados hoxe, 358, supón a maior cifra no que levamos de ano, xa que se situaba nas 345 reses adxudicadas a semana pasada. Respecto ao volume de transaccións, hoxe ascenderon 283.670 €, un récord anual que estaba ata hoxe nos 277.282 € alcanzados tamén na poxa do 23 de xuño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información