Suba dos becerros de Frisón e baixada dos de cruce industrial en Silleda

O vacún maior mantense estable. Segue baixando o prezo do porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 20 de outubro

Suba dos becerros de Frisón e baixada dos de cruce industrial en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola lixeira suba nos prezos dos becerros de recría de raza Frisona, agás nos de mediana idade, mentres que os de cruce industrial sufriron unha baixada.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 112 euros; a 111 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 144 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 91, 126 e 143 €, respectivamente.

Pola contra, nos becerros de recría de cruzamento industrial a tendencia foi á baixa: os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 282 euros; a 307 € os de 21 a 50 días, e a 358 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 348, 358 e 402 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse practicamente iguais aos da pasada semana. Así, en Categoría Primeira pasaron de 1.008 euros a 1.091 €, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, pagáronse a unha media de 701 €, dous menos que a pasada semana. Nas vacas de desvelle baixou o prezo medio a 412 euros de media, fronte aos 423 do pasado martes.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZAZCIONS_VACUNO_20_OUTUBRO_2015

Estabilidade en ovos e coellos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos: as categorías XL e L quedaron en 1,55 e 1,33 euros a ducia, respectivamente, e en 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, mantivéronse os prezos da semana pasada nos 1,80 €/kilo.

Baixada no porco cebado

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,03% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,039% na Canle II. Pola contra, nos principais produtores de porcino da UE, Alemaña e Dinamarca esta semana os prezos mantivéronse sen cambios.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da pasada semana, de xeito que quedaron nos 24,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 29,5 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZAZCIONS_PORCINO_20_OUTUBRO_2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información