Suba dos becerros de cruce e sen cambios nos pintos en Silleda

ABANCA SILLEDA PREZOS SETEMBRO 21 1A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca celebrou este martes a súa poxa semanal de gando así como as mesas de cotizacións de prezos de porco e de avicultura. No gando houbo suba nos prezos dos becerros de recría de cruce, non houbo cambios nos de raza frisoa e no vacún maior rexistrouse unha lixeira baixada.

En concreto, nos animais de recría de raza frisoa, os becerros de menos de 20 días cotizáronse a 79 euros, 1 máis respecto á última poxa. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, a sección con maior afluencia de gando, non hubo cambios e mantivéronse nun prezo medio de 106 euros. Nos becerros de máis de 50 días o prezo baixou ata os 115 euros, 1 menos que na última subasta.

Na recría de cruces industriais, o gando máis novo baixou 37 euros e atópase nos 225 euros no caso dos machos. Porén, nos animais de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa, os machos experimentaron unha suba de 13 euros, o que deixa uns prezos medios de 286 euros. No caso dos becerros de máis de 50 días produciuse tamén unha suba, de 13 euros tamén, co que acadan os 364 euros.

En canto aos becerros carniceiros houbo altibaixos. Así, nos becerros de cruzamentos industriais, os machos están en 814 euros, logo dunha suba de 9 euros respecto da última subasta, mentres que as becerras baixaron ata os 741, cunha caída de 110 euros respecto ao pasado martes.

O vacún maior tamén experimentou baixadas de prezos, pero con excepcións. Así, as vacas da categoría extra cotízanse a 1838 euros, logo dun descenso de 12 euros. Sen embargo, nos exemplares de primeira houbo unha suba de 5 euros e acadan os 1.137 euros. Pola contra, as vacas de segunda baixaron 3 euros e atópanse en 719 euros. Tamén nos animais de descarte se rexistrou un descenso, de 8 euros no seu caso, e sitúanse nos 468 euros. .

Caída da carne de porco e suba dos ovos

ABANCA SILLEDA PREZOS SETEMBRO 21 2

Esta semana o porco cebado experimenta unha baixada xeral en tódalas categorías, ao igual que o pasado martes. Así, os porcos da categoría selecta e normal rexistraron unha baixada de 0,02 euros, que deixa un prezo de 1,165 e 1,140 euros o quilo respectivamente. Nos exemplares de Canal II a baixada foi de 0,026 euros por quilo e cotízanse agora a 1,481 euros. Onde non houbo cambios foi no prezo dos exemplares de desvelle, onde segue o kilo entre os 0,39 e os 0,45 euros.

Os leitóns tamén seguen sen cambios. Os exemplares procedentes dunha única granxa quedan nos 32 euros (cun prezo de 1,6 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías mantéñense nos 27 euros e cun prezo por quilo de 1,35 euros.

No mercado do ovo houbo subas de 0,04 euros a ducia nas categorías XL e L, onde se cotizan a 1,63 euros a ducia e a 1,28 euros, respectivamente. Os da clase M soben 0,03 euros e quedan nos 1,12 euros e os da S páganse a 0, 91 euros, logo de acordar unha suba de 0,02 euros a ducia. As galiñas de descarte continúan entre os 0,15 e os 0,22 euros por quilo.

Por último, o prezo do coello segue sen cambios nos 2 euros o quilo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información