As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola lixeira caída nos prezos dos becerros de recría, tanto os de Frisona como os de Cruce Industrial, mentres que o porcino segue á alza.
Nos becerros de recría a caída de prezos tivo excepcións. Así, en Frisoa os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 132 euros, fronte aos 117 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 143 euros por xato, once menos que o prezo medio pagado o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén baixaron ata os 164 euros, fronte aos 174 euros da semana anterior.
Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral tamén foi á baixa. Na categoría de menos de 20 días, os prezos medios foron de 284 euros fronte aos 303 da pasada semana. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu e foi de 328 euros, fronte aos 312 da última poxa. En canto aos xatos de máis de 51 días, houbo tamén unha baixada: 410 euros de media para os machos, fronte aos 424 do pasado martes.
En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi a unha lixeira baixada. Deste xeito, quedaron en 1.079 euros de media en categoría primeira, 712 en segunda -a máis numerosa- e 427 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.079 , 717 e 432 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron da seguinte maneira:
Ovos e coello estables
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións para todas as categorías. Así, a L e a M quedaron en 1,12 e 1,08 euros a ducia, respectivamente. A XL e a S tamén se mantiveron sen cambios en 1,21 e 0,92 euros a ducia, respectivamente.
Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, as cotizacións non se moveron: quedaron nos 1,40 euros o kilo.
Suba do porco cebado e dos leitóns
En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis subir os prezos; desta volta un 0,03% para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,335 e 1,310 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén subiu, un 0,039% ata 1,701 euros por quilo. Na categoría de desvelle a suba foi do 0,02% ata un intervalo de entre 0,66 e 0,72 euros o quilo.
En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, tamén houbo unha suba, neste caso do 0,03%, ata os 1,630 euros o quilo, mentres que nos demais mercados europeos tamén houbo unha tendencia xeral á suba das cotizacións.
En canto aos leitóns, acordouse unha nova suba dos prezos, en concreto dun 1%. Deste xeito quedaron nos 41 euros os procedentes de varias explotacións e nos 46 euros os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira: