O Concello de Silleda e un grupo de inversores privados promoven o inicio dun proxecto para crear a Central Leiteira Deza Tabeirós, na que se transformaría o leite para elaborar produtos coma iogures, manteigas ou queixos.
Os terreos onde está prevista a central son propiedade municipal dende 2014 e ocupan unha superficie aproximada de 30.000 metros cadrados. Están localizados a 1 km do acceso á autopista e tamén preto da N-525.
Actualmente estase a redactar o proxecto para levar a cabo a iniciativa empresarial, a cal beneficiaría a economía de Silleda e doutras zonas da comarca dezá. Ademais, dende o concello indican que apostan polo sector primario, en especial pola gandería, “xa que avanzamos un paso máis cara a transformación do leite procedentes de explotacións gandeiras silledenses”.