Sesión de contacontos para alumnado de Rubiá sobre a importancia dos bosques

Esta iniciativa encádrase no Día Internacional dos Bosques

Madeira de nogal procedente de claras.

Madeira de nogal procedente de claras.

A Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga) celebrará o xoves 21 de marzo no centro escolar CEIP Virxe do Camiño de Rubiá, unha sesión de contacontos infantís centrada no novo conto dos tres cerditos. No marco da celebración do Día internacional dos bosques, o conto tradicional se reinventa para mostrar aos máis pequenos a importancia dos bosques e a madeira para frear o cambio climático e descarbonizar a economía mediante a xestión sostible dos recursos forestais.

A continuación, tras a finalización da sesión de contacontos infantís, o presidente de Fearmaga, Elier Follea, desprazarase ata o restaurante Paladium en Vilamartín de Valdeorras, para participar nunha comida cos responsables das empresas do sector de Ourense, co fin de analizar o contexto económico actual e a conxuntura internacional que afecta o sector, a subministración de madeira en Galicia e os novos proxectos da industria forestal que se van a instalar en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información