A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Oportunidade durante este mes de xuño de instalar colares intelixentes ao gando pola metade de prezo

Está aberto o prazo para solicitar as axudas para dixitalización das granxas convocadas pola Xunta, das que poden beneficiarse tanto as explotacións de leite como de carne. Os colares Rumi, dotados de localización GPS e monitorización en tempo real, ofrecen unha solución para ter as vacas e a recría controladas en todo momento

Elio López, cun dos colares intelixentes xunto á recría dunha explotación

Elio López, cun dos colares intelixentes na zona de recría dunha explotación que ten o sistema Rumi instalado

“O control das vacas e das xovencas xa é posible, estén onde estén”. É a mensaxe que Elio López, veterinario e fundador de Innogando, traslada aos gandeiros. O colar intelixente deseñado por esta empresa galega permite a monitorización completa dos animais durante as 24 horas do día, tanto se están estabulados como se saen ao prado.

As explotacións galegas teñen agora unha oportunidade única para poder facerse cos colares intelixentes Rumi por menos da metade do seu prezo de mercado aproveitando a nova liña de subvencións para dixitalización que acaba de sacar a Xunta.

O prazo para solicitar as axudas finaliza este mes e cubren o 60% do investimento

As bases desta nova orde de axudas foron publicadas no DOG o día 2 de maio e contemplan como prioritarios “investimentos en dispositivos de xeolocalización do gando que permitan monitorizar polo menos 5 actividades (descansar, remoer, comer, pacer e camiñar), con panel solar para recargar a batería e con xeración automática do caderno de pastoreo”, condicións todas elas que cumpre o dispositivo Rumi.

Os colares intelixentes fabricados pola empresa galega adáptanse tanto a explotacións de vacún de leite e de carne como a comunidades de montes que contan con mandas de bestas e cabalos pacendo en liberdade. Son xa máis de 200 explotacións galegas e de outras comunidades as que teñen instalado o sistema Rumi no seu gando, proporcionando tranquilidade aos gandeiros e unha maior eficiencia produtiva a través do control absoluto do rabaño. 

A partir dun pago único de 40 euros por cabeza calquera explotación pode ter datos de todos os seus animais

Para obter máis información sobre o sistema Rumi e a tramitación das axudas para comezar a beneficiarse das súas vantaxes na explotación pódese chamar ao número 644 586 245, contactar por whatsapp ou tamén enviar un email a hola@innogando.com

Monitorizar o gando por menos da metade de prezo

Innogando Rumi1“O importe da subvención é do 60% e nós encargámonos de axudarlle ao gandeiro coa tramitación”, destacan en Innogando. Deste xeito, “a partir de 40 euros calquera granxa pode ter monitorizado todo o teu gando, ben sexa a totalidade dos animais, se a explotación carece de sistema de toma de datos para as vacas en produción, ou só unha parte, por exemplo a recría, no caso de granxas de leite que teñen robot de muxido ou sala dixitalizada”, explica Elio.

Rumi permite monitorizar o 100% da granxa e complementa a toma de datos do robot ou a sala de muxido

Precisamente esta é unha das vantaxes de Rumi con respecto a outros sistemas existentes no mercado, a súa versatilidade, xa que permite adaptarse ás condicións de cada explotación, sendo ademais compatible con sistemas de muxido robotizado, aos que complementa.

Os datos sempre á man en todo momento

Os colares intelixentes Rumi funcionan a través dunha aplicación para teléfono móbil moi doada de usar, para que o gandeiro poida ter sempre as alertas na man sen necesidade de estar diante dun ordenador. Non é necesario tampouco instalar unha liña de internet na granxa, o que supón tamén un aforro.

As alertas chegan ao teléfono móbil do gandeiro, o que permite telas sempre á man, sen necesidade de estar diante dun ordenador

“A aplicación para móbil é moi sinxela de manexar e non ten datos que non sexan útiles, senón só aqueles que ao gandeiro lle interesan de verdade. Non quixemos sobrecargala con datos que moitas veces estorban máis que axudar”, explican os programadores.

Aplicación integrada coa Oficina Virtual da Xunta

Entre as vantaxes que aporta Rumi a respecto doutros dispositivos que existen no mercado atópase tamén a actualización de datos. A aplicación está integrada coa Oficina Virtual da Xunta, o que permite manter todos os datos actualizados de maneira automática, sen necesidade de introducilos á man.

O historial de cada animal actualízase automaticamente sen que o gandeiro teña que gastar tempo metendo datos

 “Integramos os últimos 5 anos de datos da Oficina Virtual, son datos que se xeran e se actualizan automaticamente de todos os animais sen que o gandeiro teña que gastar tempo metendo datos”, explican os creadores de Rumi.

Feito en Galicia

Os dispositivos intelixentes Rumi están feitos en Galicia, concretamente na localidade do Arneiro, no límite entre os concellos lucenses de Abadín e Cospeito. “É todo feito aquí, facemos nós os colares, ensamblamos os dispositivos, montámolos na granxa e prestamos o servizo técnico”, explica Elio, que destaca esta proximidade co gandeiro como outra das vantaxes de Rumi.

Ao prestalo nós mesmos e non depender doutras empresas o soporte técnico é moito máis rápido

“Nós tamén somos gandeiros e sabemos cales son os problemas reais que teñen as explotacións aquí en Galicia e tanto o colar como a aplicación están feitos precisamente para resolver eses problemas concretos”, aseguran desde Innogando, unha start up formada por veterinarios, enxeñeiros e programadores informáticos.

Por iso, Rumi funciona tanto en interior, para gando estabulado, como en exterior, mesmo en lugares sen cobertura de telefonía móbil, habituais en moitas zonas rurais de Galicia, mediante a colocación dunha antena na propia granxa con alcance de até 10 km e os colares levan incorporada unha pequena placa solar que autorrecarga as baterías do dispositivo para que non sexa necesario cambialas, o que evita ter que coller o gando que se atopa fóra.

Un dispositivo que vai ser necesario para lograr a certificación para o leite de pastoreo

Rumi permite obter de xeito automático o caderno de pastoreo para certificar as horas que as vacas pasan no prado

Rumi permite obter de xeito automático o caderno de pastoreo das horas que as vacas pasan no prado

A Consellería do Medio Rural anunciou o próximo lanzamento da marca Leite de Pastoreo de Galicia, que busca diferenciar o leite producido polas explotacións galegas que fan un manexo en extensivo ou semiextensivo do seu gando.

Para que as ganderías poidan acollerse a esta nova certificación, deberán contar con dispositivos de xeolocalización que permitan demostrar o cumprimento das horas efectivas de pastoreo fixadas no Regulamento da nova marca.

Para acollerse á nova marca impulsada pola Xunta será necesario contar con dispositivos de xeolocalización do gando que permitan demostrar as horas efectivas de pastoreo realizadas

Por iso, dispoñer de colares intelixentes coma Rumi será unha condición para estar na nova marca, que pretende aportar valor engadido ao leite de pastoreo galego, e a actual liña de subvencións aberta é unha oportunidade para que as granxas se poidan facer con estes dispositivos.

Control do gando en tempo real

“Cos datos que obtén de cada animal, Rumi xera automáticamente o caderno de pastoreo da granxa, que vale para a certificación do leite de pastoreo e tamén para as futuras axudas da nova PAC vinculadas aos ecoesquemas”, explica Elio.

Pero máis aló desta utilidade, ter as vacas controladas tamén nas horas que están fóra pacendo, serve para mellorar o funcionamento da granxa en aspectos como o reprodutivo ou o sanitario.

A detección precoz de enfermidades permite aforrar en medicamentos e adiantar a recuperación

“Ter o gando monitorizado en todo momento mediante o seguimento da rumia, incluso cando está no pasto, permite o control precoz de enfermidades, como hipocalcemias, desprazamentos de abomaso tralo parto, coxeiras, etc, o que permite adiantarse no tratamento, aforrar en medicamentos e ver como é a evolución posterior na fase de recuperación”, destaca Elio, veterinario de formación.

No caso de animais estabulados, Rumi permite medir o estrés por calor na vaca, mediante o cálculo do ITH, para que o titular da explotación poida tomar medidas para minimizar os seus efectos adoptando solucións correctoras.

Mellora da efectividade reprodutiva da granxa

No aspecto reprodutivo, “cando as vacas están fóra é máis difícil o control dos celos, algo que este colar facilita ao gandeiro, coa ventá óptima de inseminación para mellorar a efectividade reprodutiva mediante alertas no móbil”, explican en Innogando.

Rumi permite o control de celos na pradeira con alertas ao móbil que inclúen a ventá óptima de inseminación para mellorar a efectividade das doses de seme

O dispositivo tamén emite alertas sobre o retraso na inseminación, por exemplo, se unha xovenca cumpre 14 meses e non foi inseminada ou se transcorreron 60 días tralo parto dunha vaca e non saíu en celo, datos sobre os seguintes celos previstos ou outros que axudan ao control reprodutivo, como a lista das vacas inseminadas hai 30 días para proceder á súa revisión.  

“O control da recría, tanto na corte coma no prado, xa é posible con Rumi”

Rumi recria

Cada vez son máis as explotacións leiteiras que teñen as xovencas nunha ubicación distinta á das vacas en produción, o que dificulta o seu seguimento. Os colares intelixentes da empresa galega Innogando permiten ao gandeiro aforrar tempo e gañar en tranquilidade.

O seguimento das becerras e xovencas é hoxe unha eiva importante en moitas explotacións leiteiras. Malia que o futuro dunha explotación está na súa recría, as ganderías están tan centradas moitas veces no seu día a día no coidado das vacas en produción que se esquecen da descendencia, que é realmente onde está o verdadeiro potencial de crecemento e mellora dunha gandería. 

En moitas granxas, tan centradas no seu día a día nas vacas en produción, as becerras e xovencas son as grandes esquecidas

En moitos casos, incluso se a granxa ten robot de muxido ou sala dixitalizada que aporte datos das vacas en produción, a recría segue a facerse a cegas. Pero cando se acada un volume importante de animais isto supón un problema porque “é imposible ter un control individualizado de cada animal”, explica Elio.

Os colares intelixentes permiten un control individualizado en tempo real de cada animal, mesmo se as xovencas están noutra nave lonxe da explotación ou na pradeira

A isto súmase un factor engadido. O crecemento das ganderías nos últimos anos levounas ademais en moitos casos a alugar instalacións para a recría que están mesmo distantes varios quilómetros da nave principal, o que dificulta aínda máis o seu control, algo que agora resolve Rumi, enviando datos en tempo real de cada un dos animais ao teléfono móbil do gandeiro.  

Optimizar a recría: un xeito de aforrar cartos

Por iso, a solución que aporta Rumi supón un apoio importante para as ganderías de leite, xa que permite aforrar tempo e gañar en tranquilidade. O seguimento continuo axuda a optimizar a recría, adiantándose a enfermidades e detectando os celos, o que permite adiantar con garantías a idade do primeiro parto e, polo tanto, o momento en que as explotacións comezan a recuperar o investimento realizado na recría.

Ao acurtar a idade do primeiro parto son necesarias menos xovencas para cubrir a taxa de reposición da granxa

“Canto non vale inseminar unha xovenca a tempo, prever o seguinte celo con precisión ou detectar se está preñada ou non?”, pregunta Elio. Por iso, destaca, “é un sistema asequible a calquera granxa e que se paga só”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *