Un total de 2.157 reses asistiron á sesión de hoxe do Mercado de Amio; foron 396 máis que a do 20 marzo, sesión anterior á Semana Santa.
En detalle foron 1.919 cabezas de vacún menor (435 máis que na semana pasada); 68 de vacún mediano (39 menos que na sesión anterior) e 170 de vacún grande (a mesma cantidade que na sesión anterior).
En canto aos prezos, mantivéronse os da sesión do 20 de marzo para todo o gando de recría, o mediano de matadoiro e o vacún maior.
Finalmente, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.
Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (03-IV- 2024).