Resultados da poxa de gando Frisón en Castro de Ribeiras do Lea

Resultados da poxa de gando Frisón en Castro de Ribeiras do Lea

FAUSTINO GIPSIO 9518 TEIXA. Autor: Africor Lugo

A crise do sector deixouse notar na última poxa de Gando Frisón celebrada este sábado no Mercado gandeiro de Castro Ribeiras do Lea. Segundo informa Africor Lugo, “vendéronse trece dos dezanove animais presentados na poxa (…) cuns  prezos que foron dunha media total de 1.919 €, sendo de 1.944 € para as primeirizas e de 1.880 € para as xovencas próximas ao parto”.

Os compradores viñeron de toda a provincia e tamén de Pontevedra, sendo unha poxa moi concorrida. O organismo de control leiteiro provincial informa tamén de que o animal que acadou o prezo máis alto, 2.200 €, foi a primeiriza presentada pola gandería Faustino, de Valdocouto, (Paradela), unha filla de Mantoño Gipsio, un touro con proba xenómica de Xenética Fontao, que destacou pola súa excelente ubre, cunha nai Louro, con altas calidades, promediando 4,79 % de graxa e 3,48% de proteína en catro lactacións.

Con esta poxa péchase a programación deste ano, cun promedio de 1.948 € por animal, o máis baixo dos últimos cinco anos. Para Africor Lugo a explicación está en que “os baixos prezos do leite e os excedentes de recría en moitas explotacións fan que a demanda sexa escasa, como amosa a baixa porcentaxe de vendas, unha media do 85% dos animais presentados, cando o habitual é estar por riba do 92%”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información