Repetición dos prezos no Mercado de Amio

Repetición dos prezos no Mercado de Amio

Recinto feiral do gando. // Foto de arquivo.

As mesas de prezos do Mercado de Gando de Amio (Santiago) acordaron esta semana a repetición das cotizacións en tódalas calidades e categorías. Os prezos mantivéronse sen cambios tanto en vacún maior como en recría e becerros carniceiros. Porén, os vogais aprecian unha tendencia á baixa nos prezos dos canais do vacún mediano para sacrificar, debida a unha baixada acusada da demanda.

Tampouco houbo cambios nos valores acordados na Mesa da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.

En canto á asistencia, esta semana contabilizáronse 1.795 animais, 67 máis que na feira do pasado 11 de novembro. Houbo 1.512 cabezas de vacún menor (81 máis que a pasada semana), 149 de vacún mediano (9 menos) e 127 de vacún grande (7 menos que na sesión anterior).

Máis información

– Táboa de cotizacións de Amio (18-XI-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información