O centro da Coruña acolleu a instalación dun paso de vaca temporal, unha acción coa que se sustituiu o clásico paso de cebra por outro que simula a pel dunha vaca frisona. A iniciativa foi promovida por Casa Grande de Xanceda, unha explotación de leite ecolóxico de Mesía (A Coruña) que transforma a súa produción.
O paso de vaca recibiu a visita do concelleiro de Mobilidade da Coruña, Daniel Díaz, que non descartou valorar a colocación dun paso de vaca permanente, sempre e cando non afecte à seguridade vial de peatóns e veículos.
Conxuntamente coa instalación do paso de vaca, Casa Grande de Xanceda habilitou un stand informativo para trasladarlle á cidadanía datos sobre a importancia leiteira de Galicia. Tamén puxo a disposición dos viandantes unhas gafas de realidade virtual coas que se podía visitar a propia explotación láctea.