As vendas de queixos galegos amparados por unha Denominación de Orixe caeron no 2018 un 0,32% ata os 34,56 millóns de euros, cun total de 5409949 kilogramos certificados polos consellos reguladores, o que supón un 0,72% menos que no 2017. Así se desprende dos datos publicados este venres pola Consellería do Medio Rural.
Por denominacións, a que máis medra un ano máis é a D.O. Queixo do Cebreiro, tamén a máis nova e a de menor tamaño: no 2018 as súas vendas medraron un 33,56% e os quilos certificados un 8,48%. Séguelle a D.O. Queixo de San Simón da Costa, que incrementou o pasado ano as súas vendas nun 4,79%, a mesma porcentaxe que os quilos certificados-
As D.O máis antigas e máis consolidadas en volume, Arzúa Ulloa e Tetilla, son as que presentaron tamén peores resultados. Así, Arzúa-Ulloa, baixou un 2,19 % tanto en kilos certificados como en valor económico. A segunda en volume e en facturación, a D.O. Tetilla, mantívose prácticamente sen cambios, cun incremento do 0,59%.