Os gandeiros reparten leite gratis e continúan os bloqueos de Dia e Carrefour

A tractorada de Compostela continúa coas accións programadas na asemblea de onte á tarde. Os bloqueos do centro loxístico de Dia en Compostela e do Carrefour das Cancelas fixéronse efectivos a primeira hora da noite de onte e mantéñense ata o momento. De xeito paralelo ó bloqueo do Carrefour, os gandeiros realizaron diante do centro comercial das Cancelas un reparto gratuito de leite entre a veciñanza de Compostela. Distribuíronse un total de 1.200 botellas de leite procedentes dunha explotación de Arzúa.

Os gandeiros repartiron leite de xeito gratuito diante do Carrefour.

Entre tanto, no centro loxístico de Dia, no polígono do Tambre, un cento de tractores da comarca de Ordes continúan o bloqueo da cadea francesa. Numerosos camións tiveron que dar volta ante a negativa dos gandeiros a deixalos pasar. A primera hora da tarde, os produtores estaban a revisar camións de Merca Galicia –que comparte o mesmo espazo que o centro loxístico de Dia- para deixalos saír, previa comprobación de que non están a traballar para a cadea de distribución.

Para esta tarde ás 17 horas está prevista unha asemblea na avenida de Lugo, no mesmo punto onde se celebrou na tarde de onte. Os produtores prevén fortalecer na xornada de mañá a colocación de tractores en torno á Xunta, en San Caetano.

[Actualización]Queima simbólica de produtos lácteos franceses

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información