O prezo dos productos lácteos segue subindo nos mercados internacionais

O prezo dos produtos lácteos segue subindo nos mercados internacionais, segundo confirma o último informe do Observatorio do Sector Lácteo da Comisión Europea, correspondente aos prezos do 22 de agosto.

prezos lacteos mercados agosto 22A tendencia á alza nos mercado, que se contradí cos estancamento dos prezos para os gandeiros no caso de España, prodúcese prácticamente en todas as categorías.

Así, no caso da Unión Europea, a manteiga sitúase nos 394 €/100 kg, un +0.1% que a comezos de agosto. No caso do leite desnatado en pó, o produto lácteo que máis exporta a UE xunto cos queixos, a suba foi do 1,2% no último mes, e está en 251 €/100 kg. O prezo do queixo cheddar tamén segue á alza, un 0,9% respecto a finais de xullo, e cotízase a 325 €/100 kg. O único que baixa é o leite enteiro en pó, cunha caída do 0,4% en agosto, pagándose a 314 €/100 kg.

En Nova Zelandia tamén se está rexistrando en agosto unha importante suba de prezos dos produtos lácteos, sobre todo da manteiga, aínda que cae lixeiramente a cotización do leite enteiro en po.

A nota negativa na Unión Europea é o incremento dos costes de alimentación do gando vacún de leite (un 3,3% máis en agosto respecto a xullo) debido á suba do prezo do penso, mentres que os custos de enerxía baixan un 0,8%, pola lixeira baixada no prezo do petróleo.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información