O Mercado de Gando de Amio queda baleiro pola incidencia do paro dos transportes

Mantéñense como referencia para a próxima sesión os prezos da pasada feira. Ternera Gallega acorda subas en tódalas canais para esta semana

O Mercado de Gando de Amio queda baleiro pola incidencia do paro dos transportes

Habitualmente o Mercado de gando de Amio reúne a preto de 2.000 animais. // Imaxe de arquivo.

Como xa acontecera na Central Agropecuaria de Galicia o martes, o paro nacional dos transportes de mercadorías deixou baleiro tamén o Mercado de gando de Amio (Santiago), que se celebra cada mércores. Así, durante a xornada de hoxe, no recinto feiral produciuse un baleiro absoluto nas naves de gando, onde habitualmente se contabilizan preto dunhas 2.000 cabezas de gando.

Ante esta situación, dende a organización do Mercado do Gando apuntaron que se tomarán como referencia para a próxima sesión os prezos da anterior feira, celebrada o pasado día 9 de marzo.

Por outra banda, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega acordaron esta semana unha suba de 0,05 euros nos prezos das canais de tódalas clasificacións e categorías desta carne.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (16-III-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información