Nova parcelaria en Dozón que reestruturará 1124 hectáreas

Nova parcelaria en Dozón que reestruturará 1124 hectáreas

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e do alcalde de Dozón, Adolfo Campos, mantiveron hoxe unha reunión con veciños da parroquia de San Salvador do Castro para presentarlles a nova concentración parcelaria decretada nesta zona. Así, o conselleiro sinalou que este proceso permitirá reorganizar a estrutura territorial de 1.124 hectáreas de superficie con 6.328 parcelas, beneficiando 383 titulares e cun orzamento previsto de 3,8 millóns de euros. Así, este ano investiranse preto de 128.000 euros na redacción das bases deste proceso.

A parcelaria de Dozón forman parte das 28 concentracións decretadas pola Xunta desde o ano 2021 ata a actualidade. Estas suporán a reestruturación de máis de 22.800 hectáreas distribuídas en case 110.000 parcelas de algo máis de 16.000 titulares. Concretamente, na provincia de Pontevedra foron seis as decretadas nos concellos de Caldas de Reis, Lalín (con tres procesos), Valga e esta de Dozón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información