Nace un programa de voluntariado de Mel de Galicia para reforestar 500 castiñeiros en Valdeorras

Publicidade
Nace un programa de voluntariado de Mel de Galicia para reforestar 500 castiñeiros en Valdeorras

A Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia arrincaba este 2023 cunha campaña destinada a honrar e dignificar a apicultura galega baixo o título ‘Un modo de vida’. Seguindo precisamente esta filosofía, na que a preservación da biodiversidade, o coidado das abellas e a valorización dun oficio tradicional son o eixo central, o Consello Regulador da IXP lanza a iniciativa ‘Elixindo un modo de vida’, un proxecto de reforestación para o que chaman á participación de persoas voluntarias.

O vindeiro venres 1 de decembro, ás 11.00 h, o Consello Regulador da IXP prevé plantar 500 castiñeiros nunha das áreas arrasadas polos incendios en Valdeorras. Concretamente, na parroquia de Alixo, pertencente ao concello do Barco de Valdeorras. A elección desta árbore senlleira débese a que se trata dunha especie melífera e autóctona con moito que ofrecer. Ademais de flor para a polinización e a consecución de rico mel, tamén se obterán castañas nun futuro, contribuíndo así coa dinamización do medio rural.

“A repoboación das zonas queimadas con especies autóctonas é de vital importancia para a recuperación do territorio e para a alimentación das abellas e en consecuencia para a produción do Mel de Galicia. Xurde así a acción medioambiental Elixindo un modo de vida respectuoso co medio ambiente, unha mensaxe en favor dos produtores e dun futuro comprometido co medio ambiente e as abellas” explican dende Mel de Galicia. As persoas interesadas en participar coma voluntarias poderán facelo inscribíndose a través do enderezo electrónico info@mieldegalicia.org ou aparecendo no propio lugar da reforestación. Iso si, os 10 primeiros voluntarios que se acheguen levarán como agasallo unha casa de insectos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información