Monterrei asina un convenio con CaixaBank para facilitar o acceso ao crédito aos viticultores

O acordo ofrece servizos para financiar necesidades específicas do sector como a plantación de viñedos, seguros ou renting de maquinaria

Publicidade
Monterrei asina un convenio con CaixaBank para facilitar o acceso ao crédito aos viticultores

Acto de sinatura de acordo de CaixaBank co Consello Regulador de Monterrei.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe (DO) Monterrei e CaixaBank asinaron un acordo co obxectivo de facilitar o acceso ao crédito aos membros do colectivo e impulsar a competitividade do sector vitícola. O convenio foi subscrito este martes pola presidenta do Consello Regulador, Lara da Silva, e pola directora de área de CaixaBank na provincia de Ourense, Begoña Abraldes.

Co convenio CaixaBank poñerá ao dispor dos adegueiros unha ampla carteira de produtos e servizos deseñados para atender as necesidades da actividade vitivinícola, como financiamento para a plantación de novos viñedos e créditos para facer fronte aos gastos das campañas agrícolas. A entidade incluíu na súa oferta solucións específicas de seguros, renting de maquinaria e liñas de apoio para a internacionalización das adegas.

No transcurso do acto, Lara da Silva indicou que “desde a institución buscamos, con este convenio, atopar novos produtos financeiros vantaxosos e novos colaboradores que permitan aos nosos axentes centrarse no que realmente importa: a venda do noso produto de calidade. Iso consegue dende unha tranquilidade e confianza financeira”.

Doutra banda, a representante de CaixaBank lembrou a proximidade que a entidade quere manter co sector primario de Ourense, no que a produción de viño destaca como unha das súas principais actividades. “Queremos que produtores e adegueiros dispoñan dunha proposta de valor que lles permita atender todas as necesidades que xurdan na súa actividade”, apunta a directora de área de CaixaBank. “Este convenio expresa en certa maneira a nosa vontade de acompañar aos adegueiros para reforzar a súa competitividade despois dun período complicado por mor de pandemia”, apunta Abraldes.

CaixaBank poñerá ao dispor de todos os membros da DO ao seu persoal en Verín e aos especialistas agrarios. Os xestores especializados de CaixaBank contan cunha acreditada experiencia en operacións e recursos para o sector primario ao traballar con numerosas empresas e autónomos do ámbito agrario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información