Leve recuperación dos prezos da recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra subas dos prezos dos becerros de recría e do vacún maior e baixadas para os tenreiros carniceiros. As mesas de porcino e o mercado do ovo mantéñense sen cambios esta semana

Leve recuperación dos prezos da recría en Silleda

Gando nas instalacións do mercado de Silleda. // Foto de arquivo.

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca, rexistrou este martes subas nos prezos dos tenreiros de recría, tanto no gando de raza frisoa coma nos cruzamentos industriais. Tamén houbo subas no vacún maior nesta sesión. Mentres, os tenreiros carniceiros acusaron baixadas en tódalas seccións. Nas mesas de porcino e o mercado do ovo acordaron manter sen cambios as cotizacións.

Na recría frisoa a tendencia foi á alza en tódalas categorías. Os becerros de máis de menos de 20 días experimentaron unha suba de 5 euros ata situarse nos 88 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, a sección máis numerosa do mercado, tamén houbo un incremento de 5 euros, o que deixa un prezo medio de 114 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, o aumento foi de 18 euros, de xeito que acadan os 127 euros.

Nos exemplares de cruzamentos industriais, os animais máis novos experimentaron a suba máis destacada, 50 euros, e pasan a cotizarse a 283 euros. As femias desta sección sumaron 10 euros e sitúanse en 180 euros. Os becerros de entre 20 e 50 días foron a excepción ó rexistrar unha baixada de 5 euros e quedar cun prezo de 293 euros. As femias sitúanse en 207 euros, logo dunha suba dun euro. Nos exemplares de máis de 50 días, o prezo dos machos foi de 433 euros, cun incremento de 2 euros con respecto da semana pasada. As femias desta sección sumaron 13 euros e acadan os 299 euros.

A tendencia foi á baixa nos becerros carniceiros. Nos animais de cruces industriais os machos descontaron 92 euros e as femias 61, polo que se cotizan a un prezo medio de 781 e 738 euros respectivamente. Nos tenreiros de Rubia Galega houbo unha baixada de 119 euros o que deixa un valor medio de 870 euros. Mentres, as femias foron a excepción cunha suba de 30 euros, que as deixa cun prezo de 817 euros. Os animais co selo Ternera Gallega Suprema cotizáronse a 823 euros, o que supuxo unha baixada de 59 euros con respecto do prezo da semana pasada.

O vacún maior, ó igual que a recría, rexistrou subas en boa parte das seccións. As vacas da categoría extra incrementaron o seu prezo en 139 euros e acadan os 1.849 euros. Nos animais de primeira a suba foi de 23 euros, polo que se cotizan a 1.123 euros. As vacas de segunda pasaron a un valor medio de 731 euros, tras unha suba de 9 euros. A excepción marcárona as vacas de desvelle, que acusaron unha baixada de 31 euros. Os exemplares co selo de Vaca e Boi de Galicia cotizáronse a un prezo medio de 1.414 euros, logo de varias semanas sen case afluencia deste gando.

Central-agropecuaria-de-Galicia_vacuno-

O porcino repite cotizacións

As mesas de cotizacións do porcino acordaron manter de novo os prezos sen cambios esta semana. Deste xeito, o porco selecto e o normal cotízanse a 1,515 e 1,490 euros o quilo, respectivamente. Os exemplares de Canal II están a 1,935 euros e os porcos de desfeito sitúanse entre os 0,82 e os 0,88 euros o quilo.

Nos leitóns, os animais de 20 quilos procedentes dunha única gandería atópanse a 85 euros, cun prezo de 4,25 euros por quilo. Os bacoriños chegados de distintas granxas sitúanse nun prezo de 4 euros o quilo e o exemplar ten un valor de 80 euros.

No mercado do ovo tamén se manteñen os prezos sen cambios. Os ovos da XL están a 1,66 euros a ducia, os da L cotízanse a 1,28 euros, os da M páganse a 1,15 euros e os da S quedan en 0,91 euros a ducia. Tamén as galiñas de desvelle semipesadas, de entre os 2,1 e 2,2 quilos, continúan cun prezo de entre os 0,12 e os 0,19 euros por quilo.

O prezo do coello mantense sen cambios e o quilo cotízase a 1,80 euros na Lonxa de Madrid.

Central-agropecuaria-de-Galicia-_-Porcino-13_04_2021-1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información