Lactalis investiu máis de 4 millóns de euros nas súas plantas de Vilalba e Nadela en 2020

Coas continuas melloras que vén realizando periodicamente desde hai anos nas súas dúas fábricas, a multinacional francesa di demostrar o seu compromiso e arraigo en Galicia

Planta de Lactalis en Vilalba

Planta de Lactalis en Vilalba, na que a empresa invertiu o pasado ano 2,3 millóns de euros en melloras

A pesar da crise derivada da pandemia da Covid-19, o Grupo Lactalis subliña que reafirmou o seu compromiso con Galicia en 2020 cun investimento total de máis de 4 millóns de euros en mellorar a seguridade, modernizar o proceso de produción e aumentar a produtividade das dúas plantas que a compañía francesa ten na comunidade.

Concretamente, 2,3 millóns de euros foron destinados á fábrica de Vilalba e 1,7 millóns de euros á de Nadela. Tal e como se recolle no seu Informe de Responsabilidade Corporativa 2020, que acaba de ser publicado, o Grupo Lactalis investiu en 2020 un total de 18,7 millóns de euros nas oito plantas que o grupo francés ten en España.

O forte arraigo e vinculación con Galicia -explican- maniféstase a través dos continuos investimentos que vén realizando periodicamente desde hai anos nas súas plantas de produción. No últimos cinco anos Lactalis destinou máis de 26 millóns de euros a mellorar a eficiencia dos procesos de produción das plantas galegas, nas que traballan máis de 350 persoas e nas que se envasa a maior parte do leite que recolle en Galicia e que se comercializa a nivel estatal baixo marcas tan emblemáticas como Puleva, Président ou Lauki.

Nos últimos cinco anos Lactalis investiu máis de 26 millóns de euros nas dúas plantas galegas

O Grupo Lactalis iniciou a súa historia en España en 1983 coa adquisición dunha fábrica de queixo no municipio lucense de Vilalba. Desde entón non parou de crecer ata converterse no maior grupo lácteo que opera en España.

Con todo, 37 anos despois, o Grupo Lactalis mantén o seu vínculo e compromiso coa provincia de Lugo, unha das máis importantes no sector lácteo español, recollendo leite e colaborando con gandeiros da zona.

Os efectos da covid-19

Una trabajadora en la planta de Vilalba

Unha traballadora na la planta de Vilalba

A pesar da excepcional situación vivida o pasado ano, o Grupo Lactalis continuou en 2020 apostando por un modelo de negocio “responsable e sostible”, afirma a empresa nunha nota de prensa, demostrando a súa “aposta pola calidade e o seu compromiso con clientes, consumidores, empregados e gandeiros”, así como co desenvolvemento daquelas zonas nas que opera, na súa maioría contornas rurais.

O compromiso de Lactalis mantívose mesmo nos momentos máis difíciles da pandemia, nos que comprar leite ‘spot’ fóra de España resultaba moi vantaxoso economicamente

“2020 foi un ano complicado, no que a prevención e a mitigación dos riscos, así como a xestión das oportunidades foron claves. Como axente líder do sector lácteo tivemos que garantir o abastecemento á sociedade de todos os produtos de primeira necesidade sen poñer en risco a saúde dos nosos colaboradores, das empresas de recollida de leite e dos nosos principais socios, os gandeiros. Grazas ao esforzo de todos, logramos cumprir co noso propósito de seguir ofrecendo a diario produtos saudables e saborosos que nos unen e puidemos seguir avanzando na mellora continua da xestión responsable e sostible do noso negocio”, afirma Ignacio Elola, conselleiro delegado do Grupo Lactalis en España.

Mantivemos a recollida e evitamos negociar e pechar novos contratos durante os meses do confinamento para evitar a caída de prezos no campo

“O compromiso cos nosos gandeiros é firme e mantivémolo mesmo nos momentos máis difíciles da pandemia, nos que comprar leite spot fóra de España resultaba moi vantaxoso economicamente para a industria. Garantimos a recollida coa frecuencia habitual, asumindo máis leite do previsto e mesmo contratando leite de gandeiros que entregaban a outras empresas e que deixaron de recollelo. Ademais, evitamos negociar e pechar novos contratos durante eses meses para evitar a caída de prezos no campo”, explica Ignacio Elola.

2.200 gandeiros en España, 1.500 en Galicia

Contan cun cento de vacas en produción divididas en dous lotes: o do robot e o da sala

Vacas dunha das 1.500 ganderías galegas que entregan a súa produción de leite ao grupo Lactalis

Fundada en Francia nos anos 30, o Grupo Lactalis é unha empresa familiar desde fai tres xeracións. Líder mundial dos produtos lácteos, a compañía no seu conxunto conta con 85.000 gandeiros colaboradores, opera en máis de 266 fábricas en todo o mundo e está presente en 94 países.

En España, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas e 2.400 empregados. Ademais, adquire leite a nivel estatal a máis de 2.200 gandeiros españois, dos que a meirande parte están en Galicia. Entre os seus produtos atópanse marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, El Castillo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero ou Chufi.

A empresa francesa dá traballo a máis de 350 persoas nas súas dúas plantas galegas

En 2020 alcanzou unha cifra de negocio en España de 1.266 millóns de euros (1.261 en 2019), contribuíndo deste xeito a fortalecer o tecido económico nacional, así como ao desenvolvemento rural a través da xeración de emprego e a creación de riqueza. Lactalis emprega actualmente en España a máis de 2.400 persoas, das cales o 70% traballan en municipios de menos de 300.000 habitantes. As plantas de Vilalba e Nadela dan emprego directo a unhas 350 persoas.

Máis de 1.000 millóns de litros de leite recollidos en 2020

O compromiso de Lactalis co desenvolvemento rural maniféstase tamén na relación que ten cos seus gandeiros, aos que recolleu 1.041 millóns de litros de leite de vaca, ovella e cabra (1.028 en 2019) en 475 municipios diferentes. “Lactalis aposta polo leite de proximidade e realiza a recollida nun perímetro próximo ás fábricas, en pequenas poboacións, contribuíndo así a evitar o despoboamento a través do desenvolvemento dunha actividade gandeira moi ligada ao campo, ademais de reducir o impacto ambiental do transporte”, asegura.

Das súas 8 fábricas en España saen produtos de marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, El Castillo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero ou Chufi

En España, Lactalis colabora con máis de 2.000 gandeiros, dos cales 1.500 son galegos. Con eles manteñen compromisos a longo prazo, o que permite establecer unha relación de confianza e traballar conxuntamente na mellora da calidade do leite, o benestar dos animais e a sustentabilidade ambiental. Actualmente, hai en Galicia varias explotacións que xa viviron ata tres relevos xeracionais entregando o seu leite ao grupo francés.

Aposta polas certificacións

O Grupo Lactalis, traballa na excelencia do seu desempeño na recollida a través da aposta polas certificacións. En 2020 Lactalis certificou a 1.298 ganderías de vacún galegas (o 88% do total nacional) co selo de Benestar Animal Welfair™ e actualmente, con 1.466 ganderías, é a empresa láctea con maior número de granxas españolas certificadas en benestar animal.

En 2020 Lactalis recolleu máis de 20 millóns de litros de leite ecolóxico e 1.298 ganderías lograron o certificado de benestar animal

Isto súmase ao esforzo do Grupo Lactalis por impulsar fórmulas máis sostibles de producir leite, que ten o seu máximo expoñente no leite ecolóxico, unha categoría de produto estratéxica para a compañía e da que foi pioneira hai máis de 20 anos en colaboración cos gandeiros galegos. En 2020 Lactalis alcanzou o seu obxectivo de recoller máis de 20 millóns de litros de leite ecolóxico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información