Inleit trasladoulle ás granxas unha oferta de contrato negociable

Inleit trasladoulle ás granxas unha oferta de contrato negociable

A oferta de contrato que Inleit lle trasladou a medio cento de granxas, da que se informou nun inicio antes de que a compañía puidese darnos as súas valoracións, contrastouse hoxe con fontes próximas á mesma e con granxas proveedoras

A cuestión radica en que a lexislación obriga ás empresas lácteas a presentarlle ós seus provedores un contrato con dous meses de antelación. Por tanto, ao medio cento de gandarías que terminan contrato coa empresa o 30 de xuño, Inleit tiña que presentarlles unha oferta como moi tarde a inicios de maio, nun momento de absoluta incerteza e inseguridade nos mercados internacionais.

A pesar diso, Inleit decidiu presentarlle unha oferta de renovación a todas as súas granxas provedoras (a outra opción era non facelo e, por tanto, non renovar os contratos). Esa oferta foi malinterpretada, por canto trátase dunha oferta para iniciar a negociación e cumprir coa legalidade vixente, e non dunha imposición. O gandeiro pode aceptala, rexeitala ou negociala. Dispón para iso dun prazo de dous meses. A oferta implica un compromiso de recollida do leite, a vontade de negociación e a intención de continuar a relación comercial.

A proposta de Inleit, vinculada ao prezo da manteiga e do leite en pó, interpretouse como baixa no sector, pois os prezos actuais de manteiga e do leite en po desplomáronse nos últimos dous meses. Ao valorar a oferta de contrato por un ano, tívose en conta só a situación do mes de abril, que é un mes anormal e excepcionalmente baixo polas circunstancias que perfectamente se coñecen. A realidade é que se esa oferta de contrato tivese estado operativa entre xullo do 2019 e marzo de 2020, o prezo percibido polo gandeiro tería sido 0,53 euros / 1.000 litros superior ao efectivamente cobrado.

A industria, desde o inicio da sua actividade, víñase caracterizando polo seu compromiso cos gandeiros galegos e polo seu papel en fortalecer os prezos do leite e as posibilidades de aumento de produción en Galicia. Por ese motivo, a súa instalación fora acollida con ilusión e resultara chamativa no sector a actual oferta de contrato da compañía, que queda aclarada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información