Informe do 112 sobre o tractor que ardeu a pasada semana en Guitiriz

O Sindicato Labrego considera que queda probada a neglixencia do Concello e pide que o consistorio compense á familia afectada das perdas sufridas

Informe do 112 sobre o tractor que ardeu a pasada semana en Guitiriz

Tractor queimada a pasada semana nunha finca da parroquia de Labrada, en Guitiriz.

A Axencia Galega de Emerxencias, que xestiona o teléfono de emerxencias 112, elaborou, a petición do Sindicato Labrego, un informe sobre o tractor queimado a pasada semana en Guitiriz nunha parcela agrícola da parroquia de Labrada. O caso xerara polémica, logo de que o Sindicato Labrego acusara ó Concello de non contar con medios para atender a emerxencia. O Goberno local, pola súa banda, asegurara que non fora informado do suceso polo 112.

A consultas de ‘Campo Galego’, a Axencia Galega de Emerxencias informara do protocolo seguido no caso, pero agora no documento que lle remitiu ó Sindicato Labrego, aparecen novos datos. A cronoloxía de xestión do suceso, segundo ese informe da Axencia, foi a seguinte:

16.13 horas – O 112 avisa ós bombeiros de Vilalba.

16.16 h. – Infórmase á Guardia Civil.

16.16 h. – Recíbese chamada dos bombeiros de Vilalba, advertindo de que están a media hora e de que é posible que o seu camión non dea accedido ó punto.

16.16 h. – Chámase á Agrupación de Protección Civil de Guitiriz, que indica que van consultar co Concello e que informarán.

16.17 h. – Chámase á Policía Local de Guitiriz, pero salta o contestador automático.

16.23 h. – Recíbese chamada da Agrupación de Protección Civil indicando que non hai persoal no Concello para ir ao incendio.

16.24 h. – Chaman os bombeiros de Vilalba e indican que tardarán 35 minutos en chegar e solicitan que se avise a medios do Concello. Desde o 112 trasládaselles que non hai medios do Concello.

Pódese acceder ó informe completo neste enlace.

Agora que quedan aclarados os feitos, o Sindicato Labrego acusa ó Concello de Guitiriz de neglixencia e pide que asuma a responsabilidade, compensando á familia afectada polas perdas sufridas.

Fragmento do informe do 112.

Fragmento do informe do 112.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información