O Concello de Guitiriz nega ter recibido aviso para actuar no caso do tractor incendiado

O 112 confirma que lle trasladou a emerxencia en primeiro lugar ó Parque de Bombeiros Comarcal de Vilalba e que despois contactou con Protección Civil de Guitiriz e coa Guardia Civil da localidade

O Concello de Guitiriz nega ter recibido aviso para actuar no caso do tractor incendiado

A extinción do tractor incendiado o pasado luns á tarde en Guitiriz segue sendo motivo de polémica. O Sindicato Labrego cuestionou onte en nota de prensa que non acudise ó lugar un veículo municipal de extinción e que o afectado tivese que agardar polos bombeiros do parque de Vilalba. Segundo a organización agraria, existe unha carroceta municipal de extinción que non se puido empregar ó non haber un operario para conducila. O Concello sae hoxe ó paso desas acusacións negando que tivese recibido “ningún aviso desde o 112”.

O Concello de Guitiriz sinala que ten contratado persoal no marco do Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia, coordinados directamente polo Distrito Forestal de Vilalba, que non foron avisados. Lembra o goberno municipal que o servizo préstase desde as 8 da mañá ata as 12 da noite.

Para o Concello de Guitiriz, a situación deriva dunha “falta de coordinación”, polo que considera “moi grave” que o Sindicato Labrego o acuse de falta de medios sen contrastar a situación.

Consultado o 112 sobre o suceso por parte de ‘Campo Galego’, o servizo de emerxencias sinala que seguiu o protocolo habitual. En primeiro lugar, deu aviso da emerxencia ó Parque Comarcal de Bombeiros (Vilalba); en segundo lugar contactou con Protección Civil de Guitiriz, organismo que comprometeu o aviso ás autoridades municipais; en terceiro lugar chamou á Policía Local (sen éxito) e en último termo contactou coa Guardia Civil de Guitiriz, segundo figura nos rexistros do 112.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información