Gran éxito dos viños da DO. Valdeorras na ‘Guía Paadín 2024’

A D.O. sinala que isto evidencia "o bo facer do sector vitivinícola comarcal"

Publicidade
Gran éxito dos viños da DO. Valdeorras na ‘Guía Paadín 2024’

A Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2024, publicada recentemente, inclúe mencións para 164 referencias diferentes da D.O. Valdeorras. “Este elevado número de viños recoñecidos con diferentes selos por parte do equipo editor da obra, encabezado por Luis L. Paadín, evidencia o bo facer dos membros do sector vitivinícola da nosa comarca”, recoñece o presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos.

Ao longo das súas 544 páxinas, a publicación -da que se editaron xa 26.000 exemplares- distingue con “Gran Ouro”, o seu máximo recoñecemento, un total de 26 referencias valdeorresas. Co selo de “Ouro+” cualifícanse 38 viños, co de “Ouro”, un total de 78 e co de “Prata”, 22.

Distincións Gran Ouro
As referencias (e adegas) da D.O. Valdeorras distinguidas co selo Gran Ouro, o de máximo alcance, na presente edición da Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia son as seguintes:

VIÑOS BRANCOS
200 Cestos de A Coroa 2021
As Sortes Val do Bibei 2022
Avancia 2021
Avancia Nobleza 2022
Codos de Larouco 2021
Finca Trasdairelas 2022
Godeval 1986 2019
Guitián +50 Meses 2014
Guitián F. Barrica 2021
O Luar do Sil Sobre Lías 2022
Regueirón 2022
Sorte Antiga 2021
Sorte O Soro 2021
Tostado de Seadur 2021 (tostado)
Viñaredo Barrica 2021

VIÑOS TINTOS
A Coroa Ladeira Vella 2019
A Villeira As Ermitas 2021
Alán de Val Castes Nobres 2021
Casal Novo Merenzao 2022
Escada 2020
Lagar do Cigur Mary Ginzo 2015
O Cabalín 2020
Sampayolo Garnacha Tintureira 2021
Taté 2021
Traste 2019
Vella da Chaira do Ramiriño 2019

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información