Galicia perdeu 60.000 hectáreas de terras de cultivo entre o 2012 e o 2021

Entre os anos 2012 e 2021 Galicia perdeu algo máis de 60.000 hectáreas de terras de cultivo que pasaron sobre todo a usos forestais e ao abandono. Así se desprende da comparación entre os datos do SIGPAC, o sistema de información xeográfica que utiliza o Ministerio para o pago das axudas da PAC, das campañas 2012 e 2021.

En concreto, as terras de cultivo en Galicia pasaron de 359130 no 2012 a 297488 hectáreas no 2021, o que supón un descenso do 17,16%.

Estes terreos pasaron fundamentalmente a usos forestais (a superficie aumentou un 5,08% nese período, pasando de 1035861 a 1088523 hectáreas) e a superficie non agrícola (incrementouse un 12,7%, pasando de 255678 hectáreas no 2012 a 288150 no 2021).

Outra categoría que medrou neste período foi a de cultivos permanentes (viñedo e árbores froiteiras), que medrou das 49176 hectáreas no 2012 ás 52234 no 2021, cunha suba do 6,22%.

Polo que respecta á superficie declarada como de pastos experimentou un lixeiro descenso do 1,51%: de 1248654 a 1229747 hectáreas.

variacion superficie galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información