Galicia foi a comunidade que máis subiu o prezo do viño en exportación en 2020

Publicidade

oemv exportacions viño 2020 ccaa prezo medioGalicia foi a comunidade que máis subiu o prezo do viño en exportación en 2020, en concreto un 20%. Así se desprende o informe de informe que acaba de publicar o Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv) no que analiza as vendas exteriores por comunidades autónomas e provincias durante 2020 a partir dos datos de Aduanas,.

Nun ano complicado polas diversas ameazas ás que se enfrontou o sector, como a pandemia de coronavirus, os “Aranceis Trump”, o Brexit ou a nova Lei do Viño de Rusia, as exportacións vitivinícolas españolas caeron menos do esperado, un 3,5% en volume e un 2,9% en valor. Situáronse nos 2.646,2 millóns de litros (-96 millóns) e nos 2.956,7 millóns de euros (-88,4 millóns), cun prezo medio que subiu lixeiramente, até os 1,12 euros/litro (+0,6%).

Os viños galegos capearon esta crise incrementando o prezo medio: as súas vendas ao exterior reducíronse nun 20% pero o impacto en valor foi do 3,6% grazas a que o prezo medio por litro incrementouse nun 20%.

A Rioxa, País Vasco, Comunidade Valenciana e Murcia lograron aumentar as súas vendas ao exterior

A pesar deste difícil 2020, 4 comunidades autónomas lograron aumentar a súa facturación por exportación vitivinícola respecto de 2019: Murcia (+10 millóns de euros, +5,7%), Comunidade Valenciana (+6,6 millóns, +2,6%), País Vasco (+2,9 millóns, +1,4%) e A Rioxa (+1 millón, +0,3%).

En termos de volume, tamén foron 4 as que aumentaron as súas exportacións: Comunidade Valenciana (+40 millóns de litros, +14,5%), Murcia (+27,3 millóns, +19,2%), A Rioxa (+12,6 millóns, +12,5%) e Madrid (+3,2 millóns, +15,7%). O País Vasco exportou algo menos de cantidade, a pesar da boa marcha dos viños con Denominación de Orixe, mentres que Madrid caeu un leve 0,2% en valor, ao baixar bastante de prezo.

No polo oposto, Castela-A Mancha, en volume (-110 millóns de litros, -7,3%), e Cataluña, en valor (-60,7 millóns de euros, -10,3%), foron as que máis vendas perderon en termos absolutos.

oemv exportacions viño 2020 ccaa valor oemv exportacions viño 2020 ccaa volume

Consulta aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información