Galicia foi a comunidade máis galardoada nos Porc d´Or, os premios ás mellores granxas de porcino de España

Galicia foi a comunidade máis galardoada nos Porc d´Or, os premios ás mellores granxas de porcino de España

Toledo foi este ano a cidade elixida para acoller a gala de entrega dos Premios Porc d’Or na súa XXIX edición. Unha noite de compartir e celebrar o bo facer do porcino español en xeral, na que o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA), a empresa líder en saúde animal, Zoetis, e a Interprofesional do Porcino de Capa Branca, Interporc, recoñeceron o traballo das granxas españolas de porcino máis punteiras, ante a atenta mirada dos máis de 800 profesionais do sector asistentes.

Un total de 42 granxas de sete comunidades autónomas recibiron os 48 premios (45 xenerais e tres premios especiais) deste ano. Así, atendendo aos criterios técnicos de lonxevidade (Leitóns Destetados por Porca de Baixa), produtividade numérica e taxa de partos, para cada unha das cinco categorías – en función do tamaño da granxa -, fíxose entrega de 45 figuras de ouro, prata e bronce.

A comunidade autónoma que obtivo máis galardóns este ano resultou ser Galicia, con doce premios Porc d’Or para dez granxas: unha delas na Coruña, de NUDESA, recibiu unha prata, o resto son de Ourense, en concreto da cooperativa COREN, que sumou catro ouros, tres pratas e catro bronces. Séguenlle de preto Aragón, con once granxas premiadas (seis en Huesca, catro en Zaragoza e unha en Teruel) e cinco ouros, catro pratas e tres bronces; e Cataluña, con dez granxas recoñecidas (oito de Barcelona e unha de Xirona e Lleida respectivamente), tres ouros, tres pratas e catro bronces. Pechan a clasificación Castela e León con cinco granxas premiadas (tres pratas, un ouro e un bronce); Navarra con catro granxas que acumulan dous ouros e dous bronces; e Castela A Mancha e Rioxa cunha granxa cada unha e un bronce e unha prata respectivamente.

Os tres premios especiais recaen en Aragón

Aragón volve triunfar, recibindo os tres premios especiais por segundo ano consecutivo. Así, a oscense Laguarres – Agropecuaria del Isábena, de Piensos Mazana, alzouse co máximo galardón, o Porc d’Or Especial con Diamante; Granxa La Almenara, da empresa Inga Food, en Tauste, leva a Zaragoza o Porc d’Or Especial do MAPA, polas súas destacadas características en termos de sanidade, benestar animal e medio ambiente; e a turolense Pedregales, de Cuarte SL, recibiu o premio Porc d’Or Especial Zoetis á Innovación, polo seu proxecto Porcisost. Dito proxecto consiste na investigación de novas estratexias de nutrición, sanitarias e ambientais para unha porcicultura sostible e de futuro.

Consulta aquí a lista completa de premiados:

PORC D´OR 22 1 PORC D´OR 22 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información