Este sábado, 10 de decembro, celébrase a XVIII Festa da Pisa da Castaña do Courel. Será na aldea de Froxán, no concello de Folgoso do Coural, onde se desenvolva esta tradicional pisa que cada ano atrae a centos de visitantes.
Programa:
11:30 Acendido do sequeiro e mostra do funcionamento.
12:30 Demostración de Pisado e Abandoxado de xeito tradicional
13:15 Pregón a cargo da actriz galega Susana Dans
13:45 Presentación dos libros: O Apalpador e o Arco da Vella de Xan G., e de O Libro do Courel, de Sonia García, e publicado pola editorial Belagua
14:30 Xantar do Pisador. Comida a base de castaña seca cocida, produtos do porco e doces de castañas
16:00 De novo demostración do pisado e abandoxado, onde pode participar o público
Durante a xornada haberá actuacións de música tradicional
20:00 Peche da festa cunha gran foliada libre.
Haberá carpas e servizo de pulpería e churrasco
A Festa da Pisa da Castaña do Courel está organizada pola Asociación Fonte do Milagro. Colaboran o Concello de Folgoso do Courel e a Deputación de Lugo.