Dentro das accións enmarcadas no proxecto de Cooperación “Paisaxes Intelixentes” no que o GDR Costa da Morte participa xunto con outros 4 GDRs (Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra – Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa), levarase a cabo este martes, 19 de setembro, un faladoiro no concello coruñés de Outes, no lugar de Banzas.
Esta segunda xornada, que leva por título “Extraendo todo o valor dos datos no rural. O caso do sector lácteo” , celebrarase no restaurante O Secadeiro.
Nesta faladoiro participarán:
-David Vázquez, responsable de Gandería Mouro SCG, de Santa Comba.
-Teresa Bronchales e Rafael Dios, da explotación A Bouciña SC, de Rois.
-Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña.
O faladoiro estará moderado por Antonio Sartal, profesor de Enxeñería en Organización da Universidade de Vigo.
A xornada concluirá un showcase a cargo do cantautor e compositor galego Xandre Millet e cunha degustación de produtos locais a cargo de O Secadeiro.
Inscricións en: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com / Telf: 981 71 73 58 / 678 64 80 65