A Comisión Europea confirma a exención do barbeito na PAC no 2024

A Comisión Europea confirma a exención do barbeito na PAC no 2024

A Comisión adoptou un Regulamento polo que se lle concede aos agricultores europeos unha exención parcial da norma de condicionalidade relativa ás terras en barbeito. Este acordo é a continuación da proposta da Comisión presentada o 31 de xaneiro e dos debates cos Estados membros nas reunións posteriores. O Regulamento entra en vigor hoxe, 14 de febreiro, e aplicarase retroactivamente a partir do 1 de xaneiro durante un ano, é dicir, ata o 31 de decembro de 2024.

A exención parcial responde a varias peticións de maior flexibilidade, tal como solicitaron os Estados membros para responder mellor aos retos aos que se enfrontan os agricultores da UE.

En lugar de dedicar unha porcentaxe mínima das terras de cultivo da súa explotación de polo menos o 4 % ao barbeito ou a elementos non produtivos, considerarase que os agricultores da UE que cultiven plantas fixadoras de nitróxeno ou cultivos intermedios sen produtos fitosanitarios no 4 % das súas terras de cultivo cumpren co requisito 8 da normativa de Boas Condicións Agrarias e Medioambientais (BCAM 8). Con todo, os agricultores que así o decidan poden seguir cumprindo o requisito con terras en barbeito ou non produtivas.

Os Estados membros que desexen aplicar a excepción a nivel nacional deben notificalo á Comisión nun prazo de quince días a partir da entrada en vigor do Regulamento, para que os agricultores poidan ser informados canto antes.

Pode consultarse en liña un comunicado de prensa con máis detalles.

Una idea sobre “A Comisión Europea confirma a exención do barbeito na PAC no 2024

  1. Xoan Castro

    Como ven poñedes na foto da nova, Galicia o pais dos mil ríos, sae perxudicada por non ter actualizado o SIGPAC, que debería ter identificdos os “recintos” con franxas de protección de ríos e cauces, isto ven de antiguo, de “descontar” estas superficies do cobro na anterior PAC e despois de mais dun ano da nova PAC seguemos sen actualizalo, tampouco aparecen identificados, sebes vlados de pedra, brañas e charcas, a´rbores aillados ou en ringleiras etc, xa que cada un ten un coeficiente distinto para computar o 4% que esixe a condicionalidade da PAC.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información