Vén de publicarse a convocatoria do 2024 cando aínda están pendentes de resolución das solicitudes de plans de mellora e axudas de incorporación do 2023Este feito implica consecuencias negativas directas para as granxas solicitantes, xa que, por unha banda, "aquelas persoas que iniciaron durante o ano 2023 o proceso de instalación inicial contando con obter esta axuda, perderán a posibilidade de solicitala, ao seren xa titulares de granxas, precisamente por térense tomado o traballo de ir arrancando xa o proxecto", denuncia Ana Rodríguez. Ademais, as persoas que teñan posibilidades de obter a axuda na nova convocatoria publicada, perderán varios días ou semanas do prazo establecido para a mesma, aberto desde o pasado 22 de xaneiro, ao notificárselle a denegación do 2023 coa nova convocatoria xa en marcha.
É necesario que o prazo para solicitar as axudas de incorporación á actividade agraria estea aberto todo o ano"Queremos chamar a atención sobre a irresponsabilidade da Consellería ao reincidir nunha cuestión que prexudica un aspecto socialmente tan sensible como é a incorporación de novas persoas labregas á produción de alimentos. A tendencia ao despoboamento do medio rural é patente, e prevese que 6 de cada 10 persoas que se adican arestora á produción de alimentos estean xubiladas no ano 2030", alerta o SLG. Para dinamizar a incorporación de persoas mozas á actividade agraria, desde o Sindicato Labrego reiteran á Xunta de Galicia a demanda de que o prazo de solicitudes de axudas de incorporación estea aberto durante todo o ano, non unicamente durante dous meses, tal como está establecido neste momento.
O orzamento para Plans de Mellora pasa de 20,5 millóns de euros en 2023 a 27 millóns en 2024; mentres as axudas de incorporación pasan de 16,5 a 16 millónsEstas subvencións pertencen ao Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O orzamento está cofinanciado nun 12% pola Administración xeral do Estado, nun 28% pola Xunta de Galicia e nun 60% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Con estas axudas búscase mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción co obxectivo de mellorar a competitividade. Ao mesmo tempo, procúrase acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e fomentar o emprego neste sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural. Primarase o uso de madeira estrutural nos establos e naves Nas axudas para investimentos nas explotacións agrícolas, subvencionarase o uso de madeira estrutural nas infraestruturas que se inclúan dentro dos plans de mellora, na liña da aposta da Xunta polo emprego deste material na construción. Ademais, tal e como indicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, poderán usarse as achegas para “comprar maquinaria, reformar as instalacións ou adquirir novos terreos”. No caso das axudas para pequenas explotacións, a axuda terá carácter de pago a tanto alzado e concederase pola execución do plan empresarial ou plan de negocio, que terá unha duración de 24 meses.
Increméntase o número de solicitudes procedentes de ganderías de vacún de carneA maior parte das solicitudes foron por axudas básicas, de 30.000 euros. Mentres, un 12% optaron pola contía máxima, de 70.000 euros, onde é preciso aportar unha xustificación detallada. Outro 11% tramitaron a axuda dos 50.000 euros. A maioría das solicitudes proceden de ganderías de vacún de leite (35%), pero nesta convocatoria sitúanse parellas as peticións para granxas de vacún de carne. Así, un 30% das solicitudes procedían deste tipo de ganderías.
O SLG non entende as trabas á incorporación de mozos e mozas, cando as estatísticas vaticinan que 6 de cada 10 profesionais do sector estarán xubilados no ano 2030Canda estas incidencias e variacións, chama a atención a modificación dos criterios para a selección dos beneficiarios. Por exemplo, o artigo 31.1., relativo aos requisitos das persoas beneficiarias, indica a necesidade de "ser titular dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para as persoas mozas que soliciten nesta mesma convocatoria a axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións". "Este cambio de redacción con respecto á convocatoria pasada deixa fóra destas axudas granxas de nova creación que terían que agardar un ano para consolidar o seu proxecto de incorporación", denuncia o SLG.
Aquelas persoas que iniciaron durante o ano 2022 o proceso de instalación inicial contando con obter este ano un plan de mellora perden agora a posibilidade de solicitaloAdemais, a orde deste ano especifica que as persoas solicitantes da axuda de incorporación xunto coa axuda de apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas da anterior anualidade, non poderán agora solicitar de novo a axuda de apoios aos investimentos nas explotacións agrícolas (plan de mellora), tanto se teñen esta liña aprobada na anterior anualidade como se non. "Ademais de resultar totalmente inxusto que se retire este apoio ás persoas mozas que deciden iniciar un proxecto agrogandeiro, a prohibición deste aspecto non fica recollido como tal na orde", denuncia Isabel Vilalba. Á vista destas numerosas incidencias, dende o Sindicato Labrego Galego veñen de solicitar formalmente á Consellaría do Medio Rural a ampliación do prazo de presentación das solicitudes de axuda e que se permitan solicitar plans de mellora aos beneficiarios da axuda de incorporación na campaña anterior.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que amplía nun mes -ata o 15 de outubro- o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos correspondentes ás axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións.
A ampliación do prazo decídese, un ano máis, ante as peticións de diferentes colectivos e tendo en conta o elevado número de solicitudes e a complexidade urbanística e sectorial dos expedientes de solicitude de licenza ou permiso administrativo que dificultan a finalización dos procedementos de autorización. A orde entra en vigor mañá, día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
O orzamento da convocatoria de 2022 -encadrada no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020- chega aos 37,5 millóns de euros. En concreto, 20 millóns irán destinados a plans de mellora, 15 millóns investiranse na incorporación de mozos á actividade agraria e 2,5 millóns de euros focalizaranse na creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
Ademais e como novidade nesta convocatoria de axudas, resérvase un 10% do orzamento para as persoas solicitantes que estean incluídas no desenvolvemento dun proxecto de aldea modelo ou polígono agroforestal, no marco da Lei de recuperación da terra agraria.
Ao abeiro da última convocatoria -a de 2020- un total de 715 beneficiarios recibiron axuda para acometer plans de mellora, 278 mozos e mozas obtiveron subvención para incorporarse ao agro e 213 persoas solicitantes conseguiron achega para a creación de pequenas explotacións.
Enlace á orde no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220914/AnuncioG0426-120922-0002_gl.html