O centro púxose en marcha grazas a un proxecto de innovación do Goberno do PrincipadoCoñecemos da man de Rubén López Polvorinos, veterinario de Campoastur e responsable técnico do proxecto, o funcionamento deste centro de destete situado na localidade de Bárcena del Mosteiro. “Parte do meu traballo é facer reprodución ás ganderías de leite e os meus clientes queixábanseme de que había animais que non tiñan practicamente ningún rendemento para as explotacións. Por iso pensamos en dar un servizo aos socios da cooperativa que permitise valorizar eses animais”, explica Rubén, que estudou Veterinaria en Lugo e indica que a realidade dos tenreiros frisóns é similar nas explotacións lácteas de Galicia. O círculo vicioso dos tenreiros pintos
Hai anos había moitos máis machos pintos, pero co sexado reduciuse o seu númeroEstes tenreiros frisóns, de pouco valor engadido na industria do cebo, non son unha fonte atractiva de ingresos para as explotacións de orixe polo seu escaso prezo de venda, ademais de que a cotización deste tipo de animal oscila moito ao longo de todo o ano. Todo isto inflúe no manexo destes de animais na propia granxa e que vai determinar un mal inicio do desenvolvemento, coa aparición de patoloxías, alta mortandade, e consecuentemente fai que se manteñan baixas as cotizacións.
O seu baixo prezo inflúe no manexo destes animais nas propias granxas, o que á súa vez contribúe á súa depreciaciónPor iso, o obxectivo principal do proxecto Icore foi desenvolver unha metodoloxía e unha serie de ferramentas que melloren a rendibilidade das explotacións de vacún do Principado de Asturias a través da xeración de valor engadido nos tenreiros mamóns que non son destinados á recría nas propias ganderías.
“Moi influenciados” pola experiencia coa recría das xatas
Tiñamos experiencia en recría de xatas, pero non en tenreiros, e tivémonos que adaptarA curva de lactación empeza con bastante leite no momento de chegada á nave para compensar o balance enerxético negativo que poden desenvolver os tenreiros. “Son animais pequenos que veñen tensos e hai unhas necesidades que tes que suplir con enerxía e con proteína, pero esa fase dura un par de semanas, despois a curva de leite xa comeza a descender diariamente”, explica. No cómputo total, cada tenreiro toma de media entre 18 e 20 quilos de leite en po durante toda a súa estancia, aínda que a cifra varía notablemente. “Facemos un manexo moi personalizado tamén nese aspecto. Hai animais aos que lles tes que dar máis leite, ben porque son máis pequenos cando chegan ou ben porque pasan algún proceso infeccioso nun momento dado e tes que aumentar a inxesta no tempo para que manteña a condición corporal, pero tamén os hai que chegan máis grandes, xa con máis días, que non necesitan tomar tanto leite e que con moitos menos quilogramos de leite en po totais saen perfectamente adiante”, detalla. Amamantadoras: aforro de man de obra pero maior risco sanitario
Supón un desafío a nivel sanitario xuntar nun mesmo lote animais de moi diversas granxas sen unha previa adaptaciónNa nave de Bárcena del Mosteiro entran animais todas as semanas, procedentes de ganderías socias de Campoastur de toda Asturias. “Aínda que non é un número fixo, recollemos animais de máis de 50 orixes distintas”, aclara. Os tenreiros non son sometidos a un control previo en granxa, aínda que todas contan cunha cualificación sanitaria especial, pero si a un exame exhaustivo unha vez chegan ao Icore. “Temos un protocolo moi estrito para a entrada, onde facemos pesadas, temperatura rectal, control de embigo, ecografía pulmonar e control de estado das feces”, detalla o veterinario responsable das instalacións. Pago en función das condicións do animal
As ganderías ven repercutido no prezo a calidade dos seus tenreiros segundo un histórico de boas entradasOs prezos oscilan tamén ao longo do ano, segundo as fluctuaciones do mercado, en base ás cotizacións semanais nos mercados de referencia. “Hai épocas do ano nas que hai máis demanda e o prezo sobe. Por exemplo, depende moito da parideira en Francia, cando esta baixa a demanda dos cebadeiros aumenta e o prezo sobe. Non temos un prezo estable todo o ano, tentamos modificalo o menos posible pero temos que ir acorde ao mercado, sempre procurando o interese da explotación de orixe”, insiste Rubén. Transporte e toma de datos
Recollen animais de toda Asturias procedentes de ganderías socias de Campoastur, aínda que a maioría das explotacións atópanse nun radio de 50 quilómetrosÁ chegada ás instalacións o traballo multiplícase, debido á exhaustiva revisión á que son sometidos os animais, a toma de datos de cada un deles e o seu envorcado ao programa informático de control e seguimento dos tenreiros durante o período de tempo que pasan no centro. “A captación de datos que facemos é individualizada de cada animal e chega moi ao detalle. Iso aumenta a carga de traballo. A parte administrativa é tamén importante, porque hai que facer as guías e dalos de alta e de baixa”, contan. Lotes estables e homoxéneos
En animais de poucos días hai máis risco de diarreas e problemas dixestivos pero cando chegan máis maiores poden presentar problemas respiratorios e lesións na ecografía pulmonarOs parámetros de peso e estado sanitario son tamén usados para o manexo posterior dos tenreiros. “Cando entran, asignámoslle a cada animal unha idade en función do peso e sobre eses parámetros axustamos a súa curva de lactación para a toma de leite na amamantadora, que finaliza normalmente aos 49 días”, explica Rubén. Formulación do penso
Subministran a mesma ración, composta por unha mestura de cereais moídos, palla picada e alfalfa, desde que entran nas instalacións ata que se vanXunto coa dispoñibilidade de alimentación sólida desde o inicio, a calidade da auga é outro dos factores importantes para o desenvolvemento do tenreiro. “Limpamos moi a miúdo os bebedoiros, todos os días, mesmo dúas veces, porque con esta mestura mánchanse máis; o granulado é máis limpo. Ás veces máis que a beber, os tenreiros van a enxuagar a boca”, indica. En función das colas de crecemento, arredor dos 55 días de estancia nas instalacións, os tenreiros pasan, xa destetados, á zona de alimentación seca. “Cando pasan e esa zona xa levan uns 10 días sen tomar leite e xa sabemos que comen uns 3 quilos de penso cada un e están perfectamente adaptados a esa alimentación”, aclara Rubén. Con destino a cebadeiros de toda España
Se se forza o crecemento dos tenreiros a base de penso pero sen meter a cantidade necesaria de fibra posteriormente eses animais non se comportarán igual no ceboOs tenreiros mánchanse do Icore tras pasar entre 75 e 80 días de estancia no centro. Nese tempo gañan entre 50 e 60 quilos xa que entran con entre 45 e 50 quilos e saen con entre 110 e 115. Esa ganancia realízase sen forzar ao tenreiro para que o desenvolvemento do rumen sexa o adecuado para as seguintes fases de cebado.
O centro de Campoastur conta cun plan vacunal polo cal todos os tenreiros son inxectados cunha dose intramuscular para Mannheimia haemolytica e Cryptosporidium parvum“Pola calidade superior que levan estes animais a respecto doutros que poida haber no mercado, temos clientes que nos acompañan desde o inicio. Son tenreiros que se comportan ben despois no cebadeiro, porque levan unha boa saúde intestinal e ruminal, boa saúde pulmonar porque se pon moita énfase no control da enfermidade respiratoria, tal como ecografía pulmonar, programa vacunal e moito interese na calidade do aire nas instalacións”, conta. O Icore ten unha cualificación sanitaria especial, o que lles permite vender a outras comunidades, aínda que non traer tenreiros doutras procedencias. “Facemos precebo e podemos vender a cebadeiros de toda España”, destaca Rubén. Deseño das instalacións
O aspecto sanitario témolo moi controlado e aquí están en condicións moi boas de cama e de espazoOs técnicos da cooperativa priorizaron aspectos como a ventilación, para reducir a acumulación de amoníaco no ambiente e previr problemas respiratorios, ou a drenaxe, cunha pendente no formigón do chan que permite dispoñer dunha zona limpa e seca de descanso na parte posterior, onde os tenreiros se deitan, e unha zona de alimentación na parte dianteira, que dá ao corredor central polo que se repón o penso e o leite do sistema de amamantadoras automáticas. “Esa parte conta cunha drenaxe porque aí é onde máis manchan e onde está máis mollado porque é onde está o comedeiro e o bebedoiro e resulta a zona máis húmida de cada un dos patios”, explica Rubén.
A palla moi picada acumula o amoníaco e a humidade; a ideal é a que ten entre 10 e 15 centímetros de longoNa cama usan palla picada, pero cun corte longo. “A palla moi picada absorbe a auga pero non permite que o líquido se vaia, polo que acumula o amoníaco e a humidade. A ideal é a que vén con 10 ou 15 centímetros de longo porque lle dá algo máis de estrutura e permite que enterren as patas. A parte de atrás, que está máis seca, cámbiase cada 3 ou 4 semanas e a dianteira cada semana ”, indica. A medida que os distintos lotes se marchan con destino aos cebadeiros, os parques nos que estiveron son limpados e desinfectados antes de recibir a novos animais e unha serie de gandeiros da zona cos que chegaron a acordos recóllenlles cada 15 días ese esterco para abonar con el as súas fincas.
A presenza de moscas, sobre todo no verán, é un dos aspectos que están a tentar solventarO establo conta unicamente con ventilación natural, o que supón un hándicap en aspectos como a presenza de moscas no verán. “Estamos moi enriba porque son un factor claro de transmisión de enfermidades respiratorias e xeran infeccións e ollos chorosos, a maiores da incomodidade que lles provocan aos animais”, indica Rubén. “A instalación de ventilación forzada serviría para mellorar neste aspecto, pero non só é o custo de colocar os ventiladores, despois está o consumo de luz cos custos actuais da enerxía”, engade. Manga para facilitar o manexo e os tratamentos
A manga é moi importante para o traballo diario cos animais e fai que non necesitemos trabadeirasO Icore conta ademais cunha zona de enfermería, dotada de boxes individuais e á que son trasladados os animais que presentan algún tipo de patoloxía. Por exemplo, nestes momentos hai 330 animais no centro e só 3 están apartados por enfermidade. Se o tenreiro se recupera nun par de días da enfermidade pode volver cos seus compañeiros de patio, pero se o tratamento se prolonga no tempo o normal é que ese xato finalice xa o seu período de crecemento separado do lote do que procede para evitar os problemas que xera a reintroducción destes animais nos grupos xa establecidos.
O leite maternizado e os pensos están a subir día a día. Iso fréanos á hora de tomar a decisión de montar un cebadeiro no que finalizar o proceso“Era un nicho que había aquí e tentamos explotalo e estamos abertos a ir máis aló nese proceso, aínda que nestes momentos co encarecemento dos insumos e da luz é difícil tomar esa decisión”, indica. “Nós temos a capacidade e o volume de poder afrontar aventuras dese tipo pero hai que ver como se comporta o mercado, porque o leite maternizado e os pensos están a encarecerse día a día”, engade. Ampliación
Agora sei o difícil que é levar unha granxa e solidarízome moito cos gandeiros pola subida de custosO incremento do volume de animais nas instalacións tras a ampliación permitirá diluír determinados custos fixos, á vez que permitirá introducir cambios para gañar en eficiencia en determinados procesos. “Coa ampliación imos pasar de 600 metros cadrados de patios de palla a máis de 1.000, polo que vemos necesaria a incorporación dunha encamadora de palla. É un traballo que agora facemos a man, porque fixemos algunha proba con máquinas que levantan moito po. E non nos podemos permitir ese risco nunha instalación pechada. Ademais, con esa nova máquina poderiamos aforrar palla porque quedará mellor distribuída. A palla aquí é un custo importante a ter en conta”, explica Rubén. Xunto ao custo do material de encamado, a alimentación dos animais, a man de obra, as vacinas e tratamentos veterinarios e a luz son outros dos gastos principais. Os custos nos últimos meses disparáronse, sobre todo pola suba do leite maternizado e o penso especial, así como o encarecemento da enerxía, cun importante consumo debido ás amamantadoras.
O encarecemento da enerxía foi importante debido ao consumo das amamantadorasEn canto ao persoal necesario para atender as instalacións, hai dúas persoas contratadas, empregados da cooperativa, para o coidado e manexo diario do gando. O servizo veterinario de Campoastur encárgase de supervisar o funcionamento xeral do centro e o estado sanitario dos animais, entre outras funcións que realizan á marxe do Icore. “A carga de traballo é alta porque captamos moitos datos e o día da entrada de tenreiros hai moito que facer”, recoñece Rubén. Os dous empregados terían capacidade para asumir o aumento de volume de gando trala ampliación, así como a recollida dos tenreiros nas ganderías.
Queremos ter bos animais e que sexan duradeiros e para iso deben ter o máximo cow confortPero Casa Manolón SC non se deixou asustar pola situación actual. Este mesmo verán acaban de construír unha nave nova para albergar ás vacas secas e a unha parte da recría e que lles permitirá tamén poder asumir os picos de produción habituais, que se producen debido á acumulación dun maior número de partos en determinadas épocas do ano
Os picos de produción obrígaos a muxir máis animais en determinadas épocas do ano“A intención non é muxir moitas máis vacas das que estamos a muxir hoxe, unhas 260. Non estamos obsesionados con muxir máis animais, senón con sacar máis rendemento aos que temos”, asegura Emilio. Por iso, di, “decidimos pegar un salto de calidade no gando, apostando un pouco máis pola xenética a base de seme sexado, o que nos fixo crecer un pouco máis da conta”, recoñece. Aposta polo seme sexado e a xenómica
A nosa taxa de substitución é do 30%, iso cubrímolo con sexado e ao resto poñémoslle carne para rendibilizar mellor os tenreirosAta o de agora Casa Manolón regulaba o seu excedente de recría mediante a venda dalgunhas xovencas a outras ganderías pero “o problema do mercado das xovencas é que custa moito crialas e usas seme caro pero moitas veces esas cousas non son despois valoradas”, lamenta Emilio, polo que prefire optar pola produción cárnica. Cruces cárnicos de wagyu A utilización xeneralizada de seme sexado, combinado coa realización de probas xenómicas para detectar aqueles animais con maior potencial, permitiu a esta explotación asturiana revalorizar a venda de tenreiros mediante a inseminación con cruces cárnicos naquelas vacas de menor nivel xenético. “Temos un acordo con Campoastur para poñer wagyu. Deixamos de poñer azul belga e imos empezar a inseminar con esta raza xaponesa. Eles vannos a levar todos os tenreiros, tanto machos como femias”, explican.
Deixamos de poñer azul belga porque os partos complícanse e as vacas baixan á produción de leiteUnha das vantaxes do cambio de raza é a maior facilidade de parto. “Os cruces con azul belga en vacas frisoas teñen varios problemas: o primeiro é que moitas veces os partos son difíciles e complícanse e o segundo é que hai estudos contrastados que din que as vacas inseminadas con belga minguan a produción de leite. En cambio, os tenreiros cruzados de wagyu son moito máis pequenos e non dan eses problemas”, argumenta. Desconxestionar as instalacións
A produción media oscila entre 37 e 40 litros ao longo do ano, cun 3,70% de graxa e un 3,40% de proteínaNa primavera e inverno son as épocas nas que alcanzan mellores niveis de produción, que esperan mellorar tamén co traslado dunha parte do gando á nave nova. “Temos moita concentración de animais actualmente no establo de produción e ao desconxestionalo esperamos que a produción aumente”, indica. O ano que vén “ou cando se poida, tal como se están poñendo as cousas”, matiza Emilio, pretenden reformar tamén a parte máis antiga da nave de produción, construída en 1999 e ampliada en 2006, para aumentar o tamaño dos cubículos, en busca dunha maior comodidade para as vacas.
Hai que facer os cubículos en función das vacas que tes; é coma se fas un garaxe para un Clío e metes un Q5Na nave nova puxeron cubículos flexibles e serán un test que lles sirva para decidir se os poñen tamén nesoutra parte que pretenden reformar, avanza. “Ao principio iamos poñer cubículos de ferro, que valían antes do verán a 90€ a unidade, pero de súpeto subiron a 150€ e puxéronse ao mesmo prezo que os de plástico, por iso os puxemos. Así sérvennos tamén a modo de proba e o ano que vén cando reformemos os cubículos da outra nave xa saberemos como funcionan e se vale a pena poñelos ou non”, argumenta. Ventilación e claridade
As vacas senten bastante a calor e no verán notamos caída de produción e de fertilidadeA amplitude dos cubículos é outro dos factores destacados. Teñen 1,30 metros de centro a centro e 3 metros de longo por vaca. “Queriamos meter a máxima comodidade posible para poder ter vacas duradeiras independentemente do tamaño do animal. A min gústanme as vacas grandes, creo que comen máis e producen tamén máis. E para poder telas o que hai que facer é deseñar os cubículos acordes ás vacas que tes. É coma se fas un garaxe para un Renault Clío e queres meter un Audi Q5, podes metelo, pero vas rozalo por todos os lados; pois aquí é o mesmo”, compara. Recriar na propia explotación
Non me gusta apuralas, gústame que as xovencas cheguen ao parto ben desenvolvidasAs tenreiras que non viaxan a Zaragoza son destetadas con 3 meses e inseminadas aos 14 ou 15 meses. “Estivemos inseminando un pouco antes, con 13, pero a min non me gusta apuralas tanto, gústame que cheguen ao parto ben desenvolvidas”, indica. Zona de preparto en cama quente
Nas vacas secas usarán compost procedente da planta de biogás de Navia, onde van empezar a enviar o xurro para o seu tratamentoNos cubículos da zona de produción usan carbonato con serrín, debido a que van empezar a enviar o xurro producido na explotación á planta de biogás de Navia, xestionada na actualidade por Central Lechera Asturiana, e onde non está permitido o uso de area nos cubículos. “Nós aquí temos pouca superficie e non temos terras suficientes para botar todo o xurro que xeramos. Agora o que facemos é abonar as nosas fincas e o que nos sobra vén buscalo algún veciño que ten gando de carne. Só 50 hectáreas de superficie Casa Manolón foi gañando tamaño nos últimos anos, pero o aumento no número de cabezas non foi acompañado dun incremento similar da superficie agraria para produción de forraxes, polo que se ve obrigada a comprar gran parte dos insumos cos que alimentar ás súas vacas.
Cubrimos só o 30% das nosas necesidades con forraxes cultivadas por nós, o resto é comprado, o que nos disparou os custos de alimentación“Aquí nós temos que compralo case todo. Sementamos unhas 20 hectáreas a millo e o resto, unhas 30, está a pasto permanente. Con iso cubrimos ao redor do 30% das nosas necesidades de alimentación e o resto é todo comprado”, recoñece. “Eu necesitaría sementar 60 hectáreas de millo para as vacas que teño pero para poder facerme con 60 hectáreas válidas tería que xuntar a superficie aproveitable de tres parroquias porque nin co que hai nesta e a do lado chegaría a esa superficie. Terreo agrícola aproveitable aquí hai moi pouco. As leiras son moi pequenas, moi pendentes e malas de traballar, para cultivos de millo non se adapta”, explica. Compra de 1.200 toneladas de millo para silo
Cunha subida de 20€ en tonelada, tiveron que gastarse 24.000 euros máis na ensilaxe do milloO traballo agrario adoitan encargalo a empresas de servizo. “Podemos facer algún traballo puntual, pero non é habitual, nós centrámonos no gando. Coa alimentación e o muxido xa se che leva boa parte do día”, indica.
A gandería é atendida por 5 persoas: Emilio, a súa muller Mónica e tres empregadosMuxen nunha sala de 2x9 puntos en forma de espiña de peixe. Fano dúas veces ao día, ás sete da mañá e ás sete da tarde, e cada muxido lévalles tres horas e media, aínda que están a barallar pasarse a tres muxiduras diarias. “É unha decisión difícil, porque é un tema complicado en canto ás quendas de traballo e se se fai hai que facelo moi ben”, di.
A min gústanme as vacas grandes, creo que comen máis e producen máisOs animais en produción están a comer nestes momentos 22 quilos de silo de millo, 4 quilos de silo de raigrás, 3 quilos de alfalfa ensilada, 3,5 quilos de alfalfa en rama e 14,5 quilos de concentrado, elaborado a base dun núcleo que lles serve ASA e fariña de millo.
Aquí non hai outra cousa a que dedicarse, ou o leite ten un valor que nos permita seguir producindo leite ou teremos que coller as maletasPor iso, di, “a min dóeme que o leite non teña un valor que che permita vivir dignamente, porque con iso estás a dar vida a estas zonas, e sen embargo, tanto o leite como a carne son produtos banalizados”, quéixase. Encarecemento de materias primas e materiais
O custo de alimentación por vaca sitúase nestes momentos en 7,25€/día e prevese que siga subindo en xaneiroPero a maiores dos custos de alimentación do gando, outros gastos como o combustible ou a factura eléctrica tamén aumentaron. Do mesmo xeito que o custo dos materiais, que encarece notablemente as obras de mellora no establo.
O peor é a incerteza, porque non sabes o que vai pasar en 3 ou 6 meses“Pechamos a contratación da nave nova en febreiro. Nese momento xa empezaban a subir os materiais, pero despois disparouse todo. Entre a cuberta de panel sándwich e a estrutura metálica da nave hoxe serían uns 60.000 euros máis. Se esta situación me colle hai un ano seguramente non a fixese”, admite. Traballan habitualmente con empresas galegas
O sector non evolucionou en Asturias como o fixo en Galicia; ter un mellor prezo de leite fixo que non nos esforzásemos en mellorarA falta de empresas especializadas en Asturias, considera Emilio, débese á falta de desenvolvemento do sector produtor nos últimos anos, contrariamente ao que ocorreu en Galicia, asegura. “Eu vexo que a produción de leite en Asturias non evolucionou como o fixo noutras zonas e o sector quedouse un pouco atrasado. Ter un mellor prezo fixo que os gandeiros non nos esforzásemos en mellorar para ser máis eficientes porque os números daban, pero en Galicia, por exemplo, as ganderías tiveron que aumentar o seu volume de produción e a súa eficiencia produtiva porque as súas marxes eran menores”, razoa.
Hai unha burocracia tremenda que te machuca á hora de tramitar calquera permisoOutro hándicap á hora de facer obras de ampliación e mellora das instalacións, este seguramente compartido a ambos os dous lados do río Eo, son as autorizacións e a lentitude na tramitación por parte das Administracións públicas. “Cumprir a lei si, iso está ben, pero hai unha burocracia tremenda que te machuca, é desesperante, máis dun ano de permisos. Din que hai que dar vida aos pobos, pois que faciliten as cousas aos que quedamos, polo menos que non che poñan pedras no camiño. Empecei no 2016 a facer o estudo ambiental para esta última ampliación e veume aprobado hai tan só dous meses”, relata.
A iniciativa está dotada con máis de 500.000 euros dentro da convocatoria para proxectos de innovación do Ministerio de AgriculturaO proxecto está dotado con máis de 500.000 euros, destinados á execución de estudos innovadores no manexo das razas porcinas do tronco celta en extensivo, mediante o uso de sistemas automatizados e dixitalizados, pretendendo contribuir á recuperación e mantemento destas razas, así como á limpeza forestal dos montes a través dun sistema alternativo que permita controlar o gando en liberdade. Fomento da cría de porco celta en Concellos das dúas marxes do río Eo O Grupo Operativo FORESCELTA, de ámbito suprarrexional, está liderado pola Asociación para el Desarrollo del Territorio Interregional ubicado en el entorno del río Eo (INTEREO) e inclúe como membros á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), ao Servicio Regional de Investigación y Desarrollo Agroalimentario de Asturias (SERIDA), á Fundación Centro Tecnológico da Carne (CTC), á Asociación de criadores de Gochu Asturcelta (AGCA), á Asociación de criadores da raza porcina Celta (ASOPORCEL), á Asociación de Propietarios Forestales do Occidente de Asturias (ASFOROCAS) e ao Monte Veciñal en Man Común do Carballo, en Friol.
O coordinador científico do proxecto é o investigador do AGACAL Javier SilvaAo acto asistiron o director da área de agricultura e pesca da Delegación do Goberno central en Asturias, Enrique Rodríguez Nuño, o alcalde do Concello de Ribeira de Piquín e responsable da área de Recursos Sostibles da Deputación Provincial, Roberto Fernández Rico, representantes do grupo operativo FORESCELTA (InterEo, AGACAL, CTC, ASOPORCEL, ASFOROCAS, ACGA e SERIDA) e propietarios das parcelas de Ribeira de Piquín onde se vai levar a cabo o proxecto.
O día que vexa saír á última frisoa pola porta serei o gandeiro máis feliz do mundoCon décadas de experiencia producindo leite, Lorenzo destaca a facilidade de manexo do gando procross. "Vaca frisoa que pare, vaca que hai que operar ou que non se levanta. Coas procross nada disto pasa. Paren soas e non dan ningún problema. Só mandamos dúas desde que empezamos con elas. Non hai cor, así é doado medrar. Só nos quedan 14 holstein puras, pero teño ganas de despedilas a todas. O día que vexa saír á última frisoa pola porta serei o gandeiro máis feliz do mundo", remarca. Animais trihíbridos
As primeiras xovencas cruzadas que compraron procedían de Huesca, dunha gandería con 600 vacas procross en produción, Explotacións Ganabar SL, situada en Sangarrén"De todos os cruzamentos, co que máis contento estou é co terceiro cruzamento, o de montbeliard con vermello sueco. Cada raza achega os seus aspectos positivos e o resultado final vese ao completar a rotación. Aquí hai primeirizas de roja sueca con 62 litros", conta. Seme sexado e cruces cárnicos
Eu non regateo no prezo do seme, quero touros bosPor iso, nas vacas de segundo parto usan seme convencional no canto de sexado e a partir do terceiro parto inseminan con cruces cárnicos. "Poñemos Inra porque non temos sitio para recriar tanto, pero se tivese espazo para recriar tenreiras procross non poñería Inra, porque neste momento hai moita venda de tenreiras cruzadas e déixanme máis diñeiro", indica. Nave alugada para a recría
Aquí no pobo só quedamos dúas ganderías en activo"As tenreiras cando nacen témolas aquí, no establo vello, e ao cumprir os 7 meses levámolas para a nave que temos alugada, onde as inseminamos e completamos a recría. Volven para aquí próximas ao parto", explica Lorenzo. Nestas instalacións alugadas á gandería Bígaro cábenlles 50 animais. Inseminacións programadas
O veterinario aquí vén pouco, só a facer reprodutivo, porque con este gando non temos enfermidades nin problemas metabólicosTamén destaca o maior crecemento das tenreiras cruzadas, que alcanzan antes a condición corporal necesaria para a súa primeira inseminación. "Nós aos 13 ou 14 meses inseminamos. Pero non o facemos nós, senón que veñen veterinarios, así que facemos todo con reprodución programada e con moi bo resultado", conta. Novas instalacións para vacas en produción
A explotación ten o relevo asegurado. O aumento de rendibilidade tras pasarse aos cruzamientos foi un factor determinante que animou aos fillos do matrimonio para quedar na granxa"Dígoo de corazón, se eu teño que volver ás frisoas pecho", di Iván. Animado polo aumento de rendibilidade da granxa optou xunto ao seu irmán por modernizar tamén a sala de muxido. "Era terceiromundista onde muxiamos; desde que viñemos para aquí non volveu haber outra mamite", afirma. Sala no canto de robots
Se unha explotación non vive con 200 vacas tampouco vive con 500É esa, por agora, a capacidade máxima que prevén alcalzar, unhas 210 vacas en muxido, porque opina Lorenzo, "se unha explotación non vive con 200 vacas tampouco vive con 500". Sergio e Iván ven sen embargo nos robots un factor limitante á hora de seguir crecendo. "Agora mesmo, coa sala nova que puxemos, pódense muxir tranquilamente 250 vacas, mentres que cos robots, se quixesemos crecer, cantos robots necesitariamos poñer? Ademais de que os mantementos e reparacións son moito máis caras", afirman. Socios fundadores de Central Lechera Asturiana
Se cobrasen en Galicia o leite coma nós, as ganderías duplicarían produciónEstán a cobrar o leite a un prezo final de 39 céntimos. "Se cobrasen en Galicia coma nós, as ganderías duplicarían produción", di Lorenzo. Situada no occidente asturiano, Gandería Milhombres ten moita relación con Galicia. "Compramos moitas cousas en Galicia, como a maquinaria e moitas subministracións. O sector lácteo está a modernizarse máis en Galicia que en Asturias e hai máis oferta", destaca. O 50% do establo son xovencas
As vacas cruzadas teñen máis corpo e aguantan mellor a condición corporal; cando haxa que mandalas ao matadoiro deixarán o triplo que as frisoasCon todo, esperan recuperar os niveis de graxa e proteína grazas á maior achega de sólidos do gando procross, do que destacan tamén o seu mellor mantemento da condición corporal ao longo da lactación. "Estas vacas teñen máis corpo que as frisoas e aguantan máis tanto a produción de leite como a súa condición corporal. Esa é tamén outra vantaxe, xa que cando haxa que mandalas ao matadoiro deixarán o triplo que as frisoas", destaca Lorenzo. Relevo asegurado
Cambiaron os cubículos de area por camas de colchoneta e van instalar unha amamantadoraEntre os cambios que fixeron recentemente atópase tamén a substitución da area dos cubículos por camas de colchoneta. "Tiñamos area, pero non nos convencía porque para o pozo é malo, así que decidimos poñer colchonetas. Pero para poder poñelas tivemos que suplementar os cubículos", detallan. As próximas melloras serán a substitución do sistema de automatización da arrobadeira e a instalación dunha amamantadora para alixeirar o traballo de alimentación das tenreiras. O aumento de rendibilidade da granxa e o feito de que haxa relevo asegurado na explotación animan a facer este tipo de investimentos en mellora e modernización das instalacións. Acabar cos prexuízos
A min nunca me gustou que me mandasen; por iso me fixen gandeiroO mesmo pide que fagan as asociacións de frisoa e de control leiteiro. "Nós estabamos en Ascol, o control leiteiro de Asturias, pero cando empezamos coas procross botáronnos porque non eran frisoas puras. Agora deixábannos entrar outra vez, pero xa non queremos. A min nunca me gustou que me mandasen; por iso me fixen gandeiro", afirma.
Nós aquí podemos producir barato porque sacamos boa colleita de milloTraballan unhas 80 hectáreas totais, das que sementan a millo 50. "Aquí é moi bo terreo e estamos a nivel do mar, así que, se chove algo, para sacar 70.000 quilos por hectárea non hai que matarse moito", destacan. As súas fincas están a nivel do mar e estas altas producións de forraxe permítenlles abaratar custos. "Nós aquí si que podemos producir barato, porque sacamos boa colleita de millo e iso permítenos aforrar en concentrados e mitigar a carestía do penso", razoan. Traballo agrario
Eu penso que as vacas e as tenreiras teñen que comer a discreción; eu para que pasen fame non as teñoA ración diaria das vacas en produción inclúe 25 quilos de silo de millo, 18 de silo de herba e 12 quilos de concentrado máis corrector. Para as xovencas fan outro carro todas as mañás con silo de millo, silo de herba, palla e penso. Non escatiman en cantidades, pois prefiren unha alimentación abundante. "As nosas vacas comen 50 e pico quilos de ración ao día. Eu penso que as vacas e as tenreiras teñen que comer a discreción; eu para que pasen fame non as teño", afirma Lorenzo.
“Ao redor da metade do leite que procesa CAPSA procede de gandarías socias de Central Lechera Asturiana”Por outra banda, o grupo CAPSA procesa anualmente uns 900 millóns de litros de leite, procedente tanto de gandarías socias de Central Lechera Asturiana SAT, como doutras granxas non socias que abastecen do leite que nós non podemos producir. -Compatibilizas a presidencia con outras responsabilidades como conselleiro do Consello de Administración de CAPSA, o brazo industrial de Central Lechera Asturiana, e coa túa propia gandaría, La Soledad SC, en Santullano de Tineo Como é a túa explotación? Son socio da gandaría familiar desde o ano 1998, despois de finalizar os estudos de Enxeñaría de Montes no Campus de Lugo. Trátase dunha granxa familiar, cunha produción duns 600.000 litros ao ano, e na que colabora tanto a miña muller como a miña nai e que está situada nuns dos municipios con máis produción de leite de Asturias como é o de Tineo. -Cales son os retos asumes para a túa presidencia durante os próximos 6 anos? O obxectivo segue sendo dar rendibilidade e estabilidade ao socio gandeiro. Para iso seguiremos pondo en valor a nosa orixe, a nosa cultura e valores para dar futuro ao gandeiro, fortalecer a SAT e mellorar a calidade de vida dos socios no posible. -CAPSA é hoxe en día a principal industria láctea de capital español e de base cooperativa. Canto do leite que procesa procede das gandarías socias de Central Lechera Asturiana? Da orde da metade do leite que procesa CAPSA é de socios de Central Lechera Asturiana SAT. -Como está a situación dos prezos para os gandeiros de Central Lechera Asturiana e como se prevén para este ano? Este ano prevemos certa estabilidade de prezos, a pesar da situación de crise sanitaria e económica que se vive. Dentro de Central Lechera Asturiana temos unha diferenciación positiva de prezos respecto doutras gandarías, motivado polo modelo de integración vertical que temos. A nosa participación na actividade comercial e industrial ten importantes resultados que se trasladan en última instancia aos socios que compomos a SAT.
“As gandarías de Central Lechera temos un prezo sobre un 10% superior á media española”En canto ao prezo en concreto que perciben os nosos gandeiros socios, estamos entre un 8 e un 10% por riba do prezo medio do leite en España, segundo os datos publicados polo FEGA. -Nos últimos anos CAPSA-Central Lechera Asturiana converteuse na segunda industria láctea en volume de recollida en Galicia, onde tamén son propietarios de LARSA, e moi preto de LACTALIS. Porén, os gandeiros galegos cobran un prezo de varios céntimos por baixo da media dos de Asturias e non se lles permite ser tamén socios da SAT. Como valora esta situación? Contemplan algunha opción de incorporalos como socios? A SAT é un modelo exemplar de integración vertical e é certo que agora mesmo temos unha diferenciación positiva de prezos do leite para os socios. Non obstante, hai que ter en conta que durante moitos anos, mesmo en Asturias, as diferenzas de prezos para os socios de Central Lechera era negativa e cobrabamos menos polo leite que outras granxas. Os socios fixemos nestes anos un importante esforzo de capitalización da nosa sociedade e, afortunadamente, as políticas seguidas a nivel industrial e social por parte de CAPSA fortaleceron a nosa sociedade, de forma que agora estamos a recoller os froitos do esforzo dos nosos predecesores. É certo que temos menos gandeiros activos, do mesmo xeito que en todo o mundo, pero neste 2020 imos recoller máis leite dos nosos gandeiros socios en comparación a todos os anos anteriores, e alcanzar as 450.000 toneladas. En canto á incorporación de novas gandarías socias doutras comunidades nas que opera CAPSA como Galicia, no ano 2010 abriuse unha xanela de crecemento de socios e unha vez satisfixeron os obxectivos pechouse. Isto non quere dicir que non se abra de novo de cara ao futuro. Neste momento das 1100 gandarías activas que agrupa Central Lechera Asturiana SAT, soamente 13 están en Galicia e 1 en Cantabria, o resto todas en Asturias. -Central Lechera Asturiana SAT é un dos poucos exemplos en España de éxito dos gandeiros á hora de asociarse para comercializar e darlle valor ao seu leite. Cales cres que foron as claves deste éxito do asociacionismo gandeiro asturiano? A orixe de Central Lechera Asturiana SAT foi nunhas circunstancias de crise absoluta de prezos do leite e iso permitiu aos socios gandeiros centrar máis os obxectivos. Co paso dos anos, houbo unha aposta clara pola innovación, a calidade e a diferenciación, tanto en packaging do leite líquido como no resto de produtos. Este esforzo de capitalización de CAPSA por parte dos socios de Central Lechera Asturiana SAT permitiu que hoxe sexamos un modelo de éxito.
“Durante anos os gandeiros de Central Lechera cobramos menos que o resto, pero grazas ao noso esforzo de capitalización e a un liderado e obxectivos claros hoxe estamos na parte alta”Tamén axudou a existencia dun liderado claro e uns obxectivos comúns para todos os socios, o que contribuíu a fortalecer Central Lechera Asturiana. Houbo neste proceso moitos momentos amargos e ao final conseguiuse saír diso fixando uns obxectivos comúns. O valor inicial achegado polos gandeiros socios no ano 1968 foron 10.000 pesetas, pero ao longo de todos estes anos e a día de hoxe seguimos facendo un esforzo de capitalización da sociedade. Así, parte do prezo que percibimos sigue destinándose para capitalizar a nosa sociedade. En concreto, unha porcentaxe da produción de leite que entregamos vai destinada a darlle músculo financeiro á SAT -Na Península Ibérica as dúas principais industrias lácteas de capital autóctona son propiedade dos gandeiros: CAPSA e LACTOGAL. Como é a cooperación entre ambas para competir coas grandes multinacionais presentes en España e Portugal? A nosa relación con LACTOGAL é excelente. Con todo, por parte de Central Lechera Asturiana non temos en mente unha cooperación comercial con LACTOGAL, quizais de cara ao futuro poida haber intentos de cooperación, pero non a día de hoxe.
“Non temos en mente ningún proxecto de colaboración con LACTOGAL”- Nos últimos meses realizastes investimentos para incrementar a capacidade industrial das plantas de Outeiro de Rei e Vilagarcía. Que plans tedes en Galicia? Prevedes seguir aumentando a recollida na comunidade? Galicia é unha comunidade con gandarías moi profesionalizadas, de forma que mantén o liderado como o primeiro produtor de leite en España. Seguiremos apostando e investindo nas nosas fábricas de Outeiro de Rei e de Vilagarcia e apostando pola marca Larsa. A nosa actividade en Galicia xa vén de lonxe, pois antes de que adquirísemos LARSA tivemos unha colaboración moi intensa con Leyma, onde fomos propietarios do 49%, e tamén dunha queixería na comarca de Ferrol. - Como é a relación coas dúas cooperativas lácteas galegas: Clun e Aira? Que consello lles darías desde unha cooperativa, como é a vosa, que leva moitos máis anos transformando e comercializando o leite dos seus socios? Todos debemos redobrar o noso compromiso de apostar polo sector e por que haxa relevo xeracional nas gandarías. Para iso, debemos esforzarnos en dignificar a vida dos nosos socios e mellorar a súa rendibilidade. Non me atrevería a darlles un consello, pero si insistiría en que é moi importante a aposta dos socios pola capitalización dos proxectos industriais das cooperativas. -Como ves o futuro das gandarías e da industria láctea en España dentro de 6 anos? Creo que cada vez será un sector máis valorado pola sociedade. Hai varios acontecementos que así o indican, como a estratexia “Da Granxa á Mesa”, presentada pola Comisión Europea e a crise sanitaria, onde se puxo de relevo que a produción de alimentos, e a de lácteos en particular, é estratéxica para o futuro dun país nun escenario de incerteza como o que vivimos.
O confort das vacas non está reñido co confort dos gandeiros, proba diso son os robotsEsa é a clave, ao seu xuízo, da produción de leite. Por iso a nave primitiva coa que empezou hai 26 anos, e que segue hoxe en pleno funcionamento, foi reestruturada por completo nestes últimos anos, nos que reformou os cubículos e ampliou os patios. Algunhas obras foron para corrixir erros iniciais: "o peor investimento que fixen foi no seu día comprar xanelas e portas cando fixen a nave, gastei 2 millóns de pesetas e 10 anos despois xa sacara todas as portas e ventás", conta. "Antes non se tiña tanto en conta o confort e o benestar da vaca. Nós aquí buscamos ese confort para os animais, aínda que iso non está reñido co confort dos gandeiros, proba diso son os robots", afirma.
O peor investimento que fixen foi mercar no seu día portas e ventás cando fixen a nave, gastei 2 millóns de pesetas e 10 anos despois xa sacara todas as xanelas e as portasAs instalacións complétanse hoxe con outra nave de produción e instalacións para as vacas secas, de recente construción. "Non temos sitio para ter postparto, pero separamos ás primerizas do resto, contamos con dúas naves para leite e temos en cada unha un lote diferente, nunha nave primeirizas e na outra multíparas", explica.
Coa introdución dos robots aumentaron a lonxevidade dos animais e contan con varias vacas en produción que pasan dos 100.000 quilos vitaliciosBaldomero Aneta Alan é a avoa desta gandeiría. Con case 13 anos e filla dun touro de monta, esta vaca vai polo décimo parto con máis de 130.000 quilos de leite producidos. "É o animal que máis produciu nesta granxa, goza de todos os privilexios e merece morrer na cuadra", afirma o seu dono. Coma ela, hai outras tres vacas centenarias na corte, que tamén pasan dos 100.000 quilos de produción vitalicia. Mercan 1.400 toneladas de millo
Producir millo non é barato en ningún sitio e desta forma estamos asegurando a produción. Comprámolo por baixo de 6 céntimos/quilo"Producir millo non é barato en ningún sitio e desta forma estamos asegurando a produción. Se o sementas non o aseguras", xustifica. "Aínda que o prezo oscila en función da produción que haxa ese ano, mércoo sempre por baixo de 6 céntimos o quilo", indica. O último ano compraron 1,4 millóns de quilogramos de millo, que trouxeron de Navia e da finca que Alimerka posúe en Villaviciosa. Foron un total de 60 tráileres que ensilaron na explotación, tanto en silos de gabia como tamén unha parte, a que non lles cabía na pila, en rolos. "Para o verán é mellor, porque non se quenta. O único problema é o custo. Foron uns 10.000 euros a maiores os rolos que fixemos este ano", explica. Silo de herba co 18% de proteína
Renovamos 15 hectáreas máis ou menos todos os anos e pasamos tres días enteiros pechando para o xabarilEsas características de minifundio e difícil orografía da súa superficie agraria fan que non sementen millo. "Non botamos millo porque para iso hai que ter fincas grandes. Botamos raigrás nas 32 hectáreas e renovamos cada ano a metade. Levantamos 15 hectáreas máis ou menos todos os anos e pasamos tres días enteiros pechando para o xabaril", explica. Maquinaria en común con outras 5 explotacións O ano pasado obtiveron 800 toneladas de raigrás co 18% de proteína, "que tamén vale diñeiro", afirma. "Se botas millo tes que sacrificar iso porque a leira que produce millo non produce ese raigrás", razoa. Esta explotación asturiana comparte a maquinaria con outras 5 gandeirías da zona a través de SAT Trébol, creada con esta finalidade. "Case todo o traballo agrícola facémolo nós, temos maquinaria en común entre 5 gandeiros", explica Manuel. "Iso permítenos ter máis maquinaria e reducir custos. Temos abonadora, sementadora e rolo e traballamos día e noite cando facemos a sementeira do raigrás, por exemplo", engade. O último tractor que mercaron en Baldomero SC ten oito anos e acumula xa máis de 8.000 horas de traballo. Con tres deses gandeiros que comparte maquinaria, Manuel quería montar tamén un centro de recría en conxunto, pero o proxecto non saíu adiante por non atopar un lugar idóneo no que facer as instalacións, así que "cada un de nós tivemos que buscarnos a vida pola nosa conta", di. Sen instalacións para a recría
Teriamos que facer un investimento importante nunha nave para as xatas. Por iso preferimos muxir un pouco máis e sacar desa forma para pagar a recría fóraBaldomero SC mantén nestes momentos 83 animais no centro de recría privado de Zaragoza. As tenreiras marchan con 15 días de vida, nos que extreman os coidados neonatais nos boxes ("limpar e desinfectar os boxes é fundamental cada vez que se saca un becerro", afirma Manuel) e regresan entre os 7 e os 7 meses e medio de preñadas para que dispoñan de 2 meses ata o parto para facer a adaptación en Tineo.
As vacas pasan só 45 días secas e tes que alimentalas ben se queres ter leite. Desde que están con ración noto que paren mellor e teñen un pico de lactación máis alto"Agora están poucos días secas, só 45 días, e tes que alimentalas ben se queres ter leite, por iso agora témolas con ración", explica. A súa alimentación inclúe 5 quilos de penso de preparto, 10 quilos de raigrás, 7 de palla e 2 de avea.
Eu non quero medias de 35 litros co robot, esa media xa a tiña na sala, eu quero medias superiores a 40 litros co robot e con esa diferenza é coa que vas pagar o robotMamadou Ba é "coma un máis da casa", afirma Manuel. "Pero necesitaba outro coma el porque a subvención que recibimos para modernizar a granxa obríganos e porque, a verdade, fainos falta", insiste. Agora mesmo traballan na granxa Mamadou, Manuel, o seu fillo (que tamén se chama Manuel e que se incorporou en 2007) e a súa nora Lara. A súa filla Lorena vive en Oviedo e bota unha man as fins de semana e a súa outra filla, Sandra, que tamén estivo vinculada á explotación, agora vive en Menorca. A súa muller, Oliva, está xa xubilada. "Todos na familia, eu, a miña muller e os nosos tres fillos, estivemos vinculados á gandeiría. En Tineo hai vacas e pouco máis, do que vive este concello é das vacas e o día que se enche a vila é cando os gandeiros imos comprar", asegura Manuel, que reivindica o seu oficio, aínda que, admite, "unha cousa é que che guste e outra que sexa rendible". Desaturar os robots
Contan neste momento con 155 vacas en muxido pero a Consejería obrígaos a alcanzar as 170, para o que tiveron que instalar un terceiro robotFai seis meses instalaron o terceiro robot para lograr desaturar os dous que colocaron inicialmente. "Puxemos os robots hai dous anos coa idea de ter 130-140 vacas pero a Consejería de Agricultura do Principado fíxanos que temos que ter 170 vacas. Esa foi a razón pola que tivemos que poñer o terceiro robot. Non era a nosa intención medrar, pero obrígannos para poder xustificar a subvención do Plan de Mellora. A Administración baséase en criterios e táboas vellas e por máis que lles explicas que eses baremos de produción por vaca non son os de hoxe en día non che fan caso. Pouco sabe de vacas o que só as ve desde detrás dunha mesa de despacho", quéixase Manuel.
Ao saturar os robots baixas á produción porque o día ten 24 horas e non dá para máis. Cando tiñamos só 2 robots vendiamos menos leite con 150 vacas que con 135Baldomero SC conta neste momento con 315 cabezas, 155 delas en muxido e están a aumentar ata completar o número de vacas esixido polo Principado no terceiro robot instalado, aínda que non queren sobrecargar as unidades de muxido, dada a súa experiencia. "Ao saturar os robots baixas á produción porque o día ten 24 horas e non dá para máis. Nós tiñamos 41 litros de media ao instalar os dous robots iniciais pero a medida que iamos aumentando animais fomos baixando produción ata chegar a 39 litros cando estabamos con 151 vacas en muxido en 2 robots. Vendiamos menos leite con 150 vacas que con 135 e para facer sitio tiñamos que secar a todas as vacas que baixaban de 25 litros", explica. Gran campioa nacional no ano 1999 en Silleda Manuel acode co seu gando a concursos morfolóxicos desde hai 30 anos. Comezou viaxando coas súas vacas cando a súa filla Sandra era pequena. "Gumersindo De la Riera é o técnico que leva alimentación e reprodución de toda a vida na nosa gandeiría e o foi o que nos iniciou nos concursos", lembra.
A base principal dunha gandeiría de leite é producir litros de leite, os máis posibles, e producilos o máis barato posible. Os concursos son un hobbie, aínda que para producir leite tamén necesitas un bo ubre e unhas boas patasAínda que ten claro que "a base principal dunha gandeiría de leite é producir litros de leite, os máis posibles, e producilos o máis barato posible" e que "os concursos son un hobbie", argumenta que "están relacionados tamén coa produción de leite porque unha vaca de concurso necesita un bo ubre e boas patas e para producir leite tamén, porque dese modo estás a asegurar máis produción e máis lonxevidade", razoa.
As condicións para ter vacas en Galicia son fantásticas, mágoa que non tiverades outras cousas. Antes o gandeiro pensaba que o inimigo era o veciño, hoxe veste só. É moi tristeDesde a súa dilatada experiencia como gandeiro, Manuel reflexiona sobre o futuro do sector. "Dentro de 10 anos acabáronse os problemas de xurros e falta de base territorial porque moitas explotacións actuais terán pechado. Nesta parroquia de Callada eu coñecín máis de 30 gandeirías, unha en cada casa e hoxe queda unha de carne e 5 de leite, pero só esta con relevo xeracional. Tres delas xubilaranse no prazo de 5 anos. En todo Tineo pasa o mesmo, hai 300 gandeirías pero poucas con relevo e a media de idade dos gandeiros en Asturias é de 60 anos. É moi triste, antes o gandeiro pensaba que o inimigo era o veciño, hoxe veste só", conclúe.
A compañía asturiana Capsa pecha 2019 cun beneficio de 23 millóns de euros, que inclúen os beneficios empresariais, as primas no prezo de compra de leite abonadas aos socios gandeiros e o canon por cesión de uso da marca pagado a Central Lechera Asturiana SAT.
O Consello de Administración de Capsa Food (Corporación Alimentaria Peñasanta S.A.) reunido hoxe formulou as contas anuais e presentou os resultados correspondentes ao ano 2019, co que culmina o seu Plan Estratéxico 2015-2019 xerando neste período máis de 160 millóns de euros de beneficio.
A compañía láctea medra en resultados por quinto ano consecutivo, pechando 2019 cun beneficio histórico de 23,12 millóns de euros, un 1,3% por encima do ano anterior, grazas á evolución positiva das súas vendas nos diferentes mercados nos que operan as súas marcas. No mercado de leite a compañía incrementou un 8% as vendas con respecto a 2018, crecemento similar ao que presenta no mercado de manteigas. En natas a empresa asturiana crece un 7% e un 9% no mercado de queixos.
Corporación Alimentaria Peñasanta supera o 7% de crecemento nos mercados de leite, nata, manteiga e queixos
Esta evolución en vendas reflíctese nas cotas que a compañía alcanza no mercado español, afianzando o seu liderado nos mercados de leite, nata e manteiga. Concretamente, no mercado de leite Capsa pecha 2019 cun 17,9% de cota de mercado mentres que no de nata alcanza unha cota 19,8%. En manteiga consolida unha cota de mercado do 24,2%.
No que se refire ao mercado de hostalaría, que sufriu este ano un parón xeralizado como consecuencia da pandemia por coronavirus, a compañía aumentou o ano pasado as súas vendas un 7%, sendo ademais os produtos de Central Lechera Asturiana e Larsa cada vez máis visibles na canle Horeca cunha presenza que supera o 30% dos establecementos.
Desplome do prezo da graxa nos mercados internacionais
Con todo, en 2019 a compañía viu penalizado o seu importe neto da cifra de negocio (720,8 millóns de euros fronte aos 737,7 do ano 2018), derivado da baixada de facturación da súa división Innova Food Ingredients como consecuencia do desplome que sufriron os prezos da materia graxa nos mercados internacionais (o prezo medio ponderado en 2019 foi de 4,344 euros/ Kgr MG fronte a 5,538 euros/ Kgr MG en 2018). Pero este impacto negativo viuse compensado por melloras de eficiencia operativa, consolidando en conxunto en 2019 a empresa asturiana un beneficio por encima do ano anterior.
Capsa pecha 2019 cun 18% de cota de mercado en España e as súas exportacións de leite líquido a países fóra da Unión Europea representan xa o 37% do total español
No mercado internacional, o volume de venda da compañía medra preto dun 60% con respecto ao ano anterior. Capsa xa representa o 36,8% do leite líquido envasado que se exporta desde España a mercados fóra da UE, fronte ao 20,3% en 2018, e o 12,3% da nata líquida (fronte ao 9% en 2018).
Capsa Food, que integra as marcas Central Lechera Asturiana, Larsa, ATO, 39ytu, Vega de Oro, Asana e Innova Food Ingredients, é a compañía líder do mercado lácteo español, conta con 6 centros de produción distribuídos por toda a xeografía española dando emprego directo a máis de 1.300 persoas e cunha presenza internacional en máis de 40 países.
A empresa recolleu e transformou o ano pasado preto de 928 millóns de litros de leite “de orixe 100% español”, destaca a compañía nunha nota de prensa. En Galicia, foi aumentando nos últimos anos o seu volume de recollida tralas ampliacións efectuadas nas plantas de produción de Outeiro de Rei e Vilagarcía, onde no últimos tres anos a compañía asturiana investiu 25 millóns de euros e dá emprego a 250 persoas.
A empresa recolleu e transformou en 2019 preto de 928 millóns de litros de leite de orixe 100% español, destaca
Na súa aposta pola sustentabilidade integral, a compañía asturiana mantén a súa orixe cooperativa e traballa co propósito de “apoiar ao sector primario e ao mundo rural e dar futuro ao socio gandeiro”, un obxectivo que se concreta con prezos en orixe que se sitúan en Asturias tres céntimos por enriba dos pagados en Galicia, segundo os datos do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega).
Un dos 10 maiores operadores queixeiros de España
No último exercicio Capsa culminou o Plan Estratéxico 2015-2019, que permitiu á empresa continuar medrando a través dunha estratexia de diversificación e aumento de transformación no mercado do queixo, coa ampliación da capacidade produtiva en Galicia e tamén noutros puntos da xeografía española.
A aposta da compañía asturiana neste campo en 2019 foi clara e continuou en 2020. Corporación Alimentaria Peñasanta adquiriu o pasado mes de xaneiro o 50% da sociedade Lácteas Flor de Burgos co obxectivo de desenvolver un proxecto conxunto de marca sumando as sinerxias de ambas compañías para liderar o mercado de queixo fresco.
A estratexia de crecemento e diversificación de Capsa continuou en 2020 coa adquisición no mes de xaneiro do 50% da queixaría Flor de Burgos
O volume de venda conxunto resultante sumado de Capsa e Flor de Burgos no mercado de queixos vai superar os 95 millóns de euros, o que situará a esta unión de empresas como un dos 10 maiores operadores queixeiros de España.
O acordo, asinado o pasado 14 de xaneiro, supón a venda do 50% desta sociedade que ata entón pertencía na súa totalidade á familia Angulo, cuxa vinculación co mercado queixeiro vén desde 1915. En 2019, a compañía queixeira burgalesa facturou máis de 63 millóns de euros, o que supón un crecemento do 16,5% respecto a 2018 e do 175% nos últimos cinco anos.
Aposta polo ámbito da saúde e a nutrición
Nos últimos anos, Capsa innovou no mercado con novos formatos e novos produtos con beneficios funcionais, ofrecendo produtos naturais, máis saudables ou con melloras nutricionais. Neste sentido, a empresa renovou as certificacións IFS, BRC, FSS 22.000, Garantia Gandeira, sen E´s artificiais e Leite de Pastoreo, onde a compañía foi poineira en España.
En 2019, a empresa levou a cabo diversas accións no ámbito da alimentación e a saúde. Presentouse o Instituto Central Lechera Asturiana para a Nutrición Personalizada e o seu proxecto 39ytu. A compañía tamén entrou a formar parte de San Antonio Biotics, co obxectivo de proporcionar probióticos de ultima xeración ao Instituto. Ademais, e froito do acordo asinado con Cantabria Labs en 2018, lanzouse NMCLA Diabet, unha fórmula especialmente deseñada para persoa diabéticas na canle farmacia.
A empresa fixo a súa primeira incursión fóra do negocio lácteo
Neste mesmo exercicio, créase Capsa Vida (Vehículo de Investimento para o Desenvolvemento da Alimentación do futuro), fondo dotado con 5 millóns de euros para tomar participación en start ups con proxectos no ámbito da saúde, sustentabilidade e personalización. Unha das start up na que ampliou a súa participación en 2019 foi Raw Superdrink, trala primeira incursión da compañía fora do negocio lácteo.
Tamén dentro de Capsa Vida e na firme aposta da empresa pola sustentabilidade ambiental, a compañía entra a formar parte do accionariado de Entomo Agroindustrial como exemplo de proxecto de economía circular. Ademais, ASANA continuará actuando como marca transversal ecolóxica do grupo.
Por último, e dentro desta aposta pola diversificación, a finais de ano asinouse un acordo con IMOMA (Instituto de Medicina Oncolóxica e Molecular de Asturias), para levar a cabo proxectos conxuntos no campo da nutrición e a saúde, ademais de actividades relacionadas coa promoción social das investigacións.
Antes as familias ían camiñando co gando, ía un diante para abrir a casa e logo ían todos os demais cos animais. Os vaqueiros levaban todo, incluído ata o gato. Pero hoxe somos moi poucos os que facemos iso xa. É unha cultura que desaparece"Antes as familias ían camiñando co gando, ía un membro da familia diante para abrir a casa e logo ían todos os demais cos animais. Os vaqueiros levaban todo, incluído ata o gato. Eran 4 días de camiñada desde Quexo, en Las Regueras, ata as Brañas de Cerreo en Somiedo. Son 100 quilómetros. Pero os tempos evolucionaron e os gandeiros con eles. Agora trasladamos ao gando en camións, só facemos a pé os últimos nove quilómetros desde Pola de Somiedo ata o porto de montaña. Facendo transhumancia completa, é dicir, levando as cousas e quedándose a vivir alí no verán quedamos poucos. Nós mantemos a casa no porto e no verán, cando os crios acaban o colexio, quedamos alí. Este ano como xa non tiñan clases polo coronavirus fómonos xa en maio. Vaqueiros trashumantes de orixe e que o manteñan hoxe somos moi poucos xa. É unha cultura que desaparece", lamenta. De facer o camiño a pé ao traslado en camións na actualidade
Levo 10 anos á fronte da explotación pero procedo dunha familia de gandeiros e sempre estiven vinculada a este sectorEsta explotación asturiana dispón de dous touros, que van variando para evitar a consanguinidade. "Cada tres anos cambiamos aos sementais", indican. Os tenreiros están os primeiros 6 ou 7 meses de vida coas nais antes de destetarse. "Despois cébámolos ata os 12 ou 13 meses que os vendemos, normalmente directamente a matadoiro", aclara Lucía, que está dentro da IXP Ternera Asturiana e en Xata Roxa, a marca creada no 2001 para a comercialización da carne da asociación de criadores Aseava. A función do sal
As vacas pacen libremente de maio a novembro a 1.800 metros de altitude. Cando chega a primavera están desexando marchar para SomiedoMentres as vacas están en Somiedo Jorge e Lucía aproveitan para recuperar as praderías de Las Regueras nas que estiveron durante o inverno separadas por lotes. "Ao estar baleiras as fincas todo o verán facemos silo e herba seca para o inverno. Recollemos entre 400 e 500 rolos cada ano. A maiores compramos palla e alfalfa en Castela", explica Lucía. Tras estes cortes de forraxe deixan que a pradaría se recupere para que cando as vacas baixen da montaña no outono haxa pasto para elas.
A caída de prezos colleraos de cheo este ano, xa que ao programar os partos vendían a maior parte dos seus tenreiros nesta épocaA caída nas cotizacións da IGP Ternera Asturiana foron similares ás que sofren os produtores de Ternera Galega Suprema e a venda de carne de vaca está totalmente parada tamén en Asturias. "As vacas de carne non teñen venda co peche de toda a hostalería e os McDonald's, non hai demanda para elas", indica Lucía.
Eu prefiro ser a miña propia xefa coidando aos meus animais que ser camareira nun barA liberdade coa que ela traballa é a mesma coa que se move o seu gando boa parte do ano, algo que sen embargo non impide que Lucía siga mimando ás súas vacas. Ela é deses gandeiros que coñecen a todos os seus animais polo seu nome e teñen as varas só para apoiarse nelas. "Meu pai ensinoume que cada pau que lle das a unha vaca é un pau que te estas dando a ti mesmo", di. Lirona, Asturiana, Valenciana, Cereza ou Gitana junior son algúns dos nomes das súas vacas. Gitana junior é filla de Gitana, un emblema da súa explotación. "Empezou comigo cando comecei na gandería e estivo comigo desde entón ata este ano, que morreu de vella con 19 anos. Era a nena mimada, a que recibía todos os coidados. O ano pasado xa non a levei a Somiedo e trouxo un tenreiro enorme", emociónase.
As redes sociais son unha excelente ferramenta para dar visibilidade ao noso traballo e poñer en valor as vantaxes que ten o mundo rural, como son unha mellor calidade de vida para os nosos fillos ou a tan demandada conciliación laboral"Hai que apoiar á xente nova para que se animen e darlles formación para que saiban diversificar as súas explotacións para que teñan rendibilidade e sexan viables. Creo que debería haber unha materia xa no colexio para inculcar aos nenos desde pequenos as posibilidades do rural", di. A importancia das cooperativas
Hai que potenciar que nas cooperativas haxa xente nova e máis mulleres nos consellos reitoresEla reclama que "hai que potenciar que nas cooperativas haxa xente nova e máis mulleres nos consellos reitores, xa que somos unha peza importante para fixar poboación e aí é onde podemos loitar polos nosos dereitos". Destaca que é un camiño no que se está avanzando aos poucos e proba diso, di, é que en Asturias xa hai 17 mulleres en consellos de cooperativas, como Maricruz Fernández, presidenta de Campoastur; Ana María Menéndez, vicepresidenta de Cooperativas Agroalimentarias del Principado de Asturias; ou María Caridad Molleda, que forma parte da Xunta Reitora de Central Lechera Asturiana. Premios á Innovación e á Muller Rural Lucía foi embaixadora de Ternera Asturiana e unha das protagonistas do primeiro capítulo da serie documental Fans del Vacuno, elaborada pola Interprofesional do Vacún (Provacuno) e galardoada coa medalla de Ouro nos premios Best Awards que outorga Alimentaria, unha das grandes feiras do sector da alimentación a nivel mundial, que se celebra cada dous anos en Barcelona e que este ano quedou posposta.
Álvarez y Velasco SC protagoniza un dos capítulos de Fans del Vacuno, a serie documental realizada por Provacuno e que foi galardoada coa medalla de Ouro nos premios Best Awards que outorga a feira Alimentaria de BarcelonaA pesar da súa mocidade, esta gandeira recibiu xa o Premio de Excelencia á Innovación na Actividade Agraria do Principado de Asturias e o Premio Innovación Muller Rural do Ministerio de Agricultura 2018 e é habitual vela representando ao sector gandeiro asturiano, á muller rural e á tradición vaqueira en distintos foros e congresos por toda España, como no pasado COP-25, o último Cumio do Clima celebrado en Madrid. O seu maior desexo, que a gandería extensiva e a transhumancia que levan séculos exercendo os vaqueiros non desapareza.
Investiron 700.000 euros nunha nave estilo invernadoiro de 70x40 metros, dous robots, leitería, balsa de purín e dous camións de vacas recén paridas de FranciaUbicada en Sabadel de Troncedo, conta desde fai un ano cunhas novas instalacións punteiras onde prima a automatización e o confort das vacas. Investiron 700.000 euros e fixeron todo de novo (unha nave de 70 metros de longo por 42 de ancho, dous robots de muxido, leitería cun tanque de 15.000 litros e balsa de purín cuberta) porque a cuadra vella, situada nas Anzas, a un quilómetro da actual, non daba máis de si, era incómoda e non lles permitía seguir ampliando. "Tiñamos 70 vacas en muxido amarradas e unhas 150 cabezas en total contando secas e recría", explica Lara. "Subimos para aquí, para a nave nova, o 20 de decembro de 2018 coas 70 vacas en muxido que tiñamos e o 27 e o 29 de decembro chegaron dous camións con vacas de Francia, con 36 animais cada un", engade.
Fai un ano pasaron dunha corte con 70 vacas presas a unha nave de última xeración con capacidade para 190 animaisNa actualidade contan con 170 cabezas nas novas instalacións, contanto os 102 animais que teñen en produción, as vacas secas e algunha xovenca próxima ao parto. A capacidade total da nova nave permitiríalles meter 190 animais e aínda que inicialmente puxeron só dous robots de muxido, o deseño quedou preparado para poder incorporar outro. "Poderiamos poñer un terceiro robot, xa deixamos preparado o sitio para el, só teriamos que sacar ás vacas secas, que por agora ocupan ese sitio", explica. Volver mercar vacas para seguir medrando
Antes tardaban 3 horas en muxir cun circuito de 7 puntos e repartían a ración de alimentación que facían no carro mesturador a carretillas e paladas polo pesebre"Antes muxiamos unhas 70 cabezas e tardabamos 3 horas. Muxía unha persoa soa cun circuito con 7 puntos con retiradores. Agora con menos traballo atendemos o dobre de vacas. O cambio foi grande tamén para nós, porque aquí hai máis que controlar pero menos traballo físico", asegura. E pon un exemplo revelador: "na cuadra vella a mestura para a alimentación faciámola no carro pero despois iamos baleirándo o carro na carretilla e repartíndoo a paladas polo pesebre, iso era para morrer", afirma. 510 toneladas de millo mercado en Galicia
Pretenden aumentar o vindeiro ano a superficie que botan de millo, que este ano foi de 23 hectáreas, para non depender tanto de ter que mercaloNa zona de Tineo a carga gandeira é importante e non é doado atopar superficie dispoñible. "Por aquí hai moitas explotacións e para aumentar terra é complicado e non hai moito millo, acostuma mercarse e ven de León case sempre", explica Javier. Este ano eles mercárono en Galicia, concretamente na zona de Meira. "Trouxemos 26 camións en total, 510 toneladas de millo listo para ensilar na explotación que era transportado directamente desde a finca a medida que a colleitadora o ía cortando e picando", indica. Compost para as camas
"Fixemos unha proba poñendo a metade dos cubículos con area e a outra metade con compost e as vacas ían todas deitarse ao compost"Nos cubículos están empregando neste momento area. "Gastamos dous camións de area ao mes", detalla Lara. "Durante este ano que levamos aquí probamos cun montón de cousas, por exemplo con carbonato e serrín e con carbonato, serrín e palla. O problema do carbonato é que nós queremos ter os cubículos cheos e o carbonato sácano todo das camas as vacas, a area tamén, pero polo menos é máis barata", xustifica.
Pretenden constituirse legalmente como asociación para poder impartir cursos e recibir formación"No mes de setembro fomos tres días a Suíza, a Charmey, onde ten lugar unha feira gandeira cando baixan as vacas dos Alpes e fan un desfile de gando no que lle poñen flores e chocas ás vacas na cabeza. Foron 21 horas en autobús para ir, un día alí e outro para volver, pero mereceu a pena. Animámonos a ir 65 gandeiras e xa estamos organizando á seguinte viaxe no mes de febreiro a París para ir á Feira Internacional da Agricultura", conta Lara, moi implicada no colectivo. "Este tipo de viaxes son interesantes porque coñeces outras experiencias. Nesta zona de Suíza, por exemplo, páganlles o leite a tres euros o litro. Eu flipei, se me pagaran a min a ese prezo cambiaba o conto", asegura. O cento de mulleres que forman parte de Gandeiras Asturianas, de todas as idades, son titulares de explotacións por toda Asturias, con gando vacún de leite e de carne de xeito maioritario pero tamén con explotacións de ovino e de caprino. "Agora ímonos constituir como unha asociación legalizada para poder impartir cursos e recibir formación", conta Lara.
"Só pedimos que se nos valore máis aos gandeiros e gandeiras, que se dea máis visibilidade ao que facemos e que se nos poñan menos trabas", reclama LaraFan un labor de concienciación importante, están orgullosas do seu traballo e reivindican maiores apoios. "Hoxe en día requíresenos moito para todo e esíxesenos moito para o pouco valor e visibilidade que se nos dá aos que nos adicamos a este sector. As Administracións públicas e as persoas que non están vinculadas ao medio rural non se dan conta de que as gandeirías somos un sector económico que dá de comer a moita xente. Non deixamos de ser unha empresa máis e só pedimos que se nos valore máis aos gandeiros e gandeiras, que se dea máis visibilidade ao que facemos e que se nos poñan menos trabas", reclama.
“Buscamos a vaca ideal: con bos ubres e boas patas e estrutura para ser a mellor produtora de leite”Gandeiros de toda España e doutros países son os seus clientes e buscan nas vacas de Badiola Holstein animais que conxugan a beleza, o bo tipo, coa rendibilidade de altas producións de leite. “Nunca buscamos só ICO porque é o máis fácil de conseguir. O que buscamos é a vaca ideal: con bos ubres e boas patas e estrutura para ser a mellor produtora de leite e durante moitos anos”, subliña Paulino Badiola. Así, en Gandaría Badiola Holstein seguen realizando os acoplametnos con papel e lapis, elixindo os touros que se adecúan aos obxectivos xenéticos e económicos desta explotación, non ao revés. “Apaixónanos facer nós os acoplamentos destas vacas das que coñecemos todo o pedigrí. A cuestión é que touro pode entrar no noso programa xenético, na nosa propia fórmula na que temos os nosos propios parámetros”, explica Paulino. Neste sentido, advirte de que “aínda que é certo que a xenómica acelera o progreso xenético, debe acompañarse de familias de vacas profundas”, como das 5 vacas importadas de Canadá e de Estados Unidos a partir das que foron recriando e construíndo o seu rabaño, e no que desde hai 20 anos non entra ningún animal comprado.
Paulino Badiola: “Para nós as vacas son dedicación e paixón”¿Satisfeito de ser gandeiro? Paulino Badiola non o dubida: “Cada vez que nace unha tenreira é un proxecto novo, con expectativas para ter un animal mellor. Para nós as vacas son dedicación e paixón. Coñezo os nomes das miñas 550 vacas e os seus antepasados varias xeracións atrás”. Como obxectivos de futuro, máis que aumentar produción, o obxectivo de Badiola Holstein é seguir incrementando o nivel das vacas e mellorando en eficiencia en todos os procesos. E como principais retos este gandeiro destaca a perentoria necesidade de man de obra para traballar nas granxas de vacún de leite e de mellorar a base territorial das granxas.
Paulino e José Ramón con algúns dos trofeos:
“Hai un desequilibrio na repartición das axudas da PAC en España que non pode continuar”Por iso é moi importante que o catro comunidades da Cornixa Cantábrica defendamos o noso modelo produtivo cunha soa voz para ter máis forza. É a primeira vez que presentamos unha proposta común e no momento oportuno, cando se está empezando a discutir a nivel estatal como vai ser a postura de España ante a próxima PAC. ¿En que aspectos notades máis discrepancias para a reforma da PAC coas outras Comunidades Autónomas? Hai unha parte moi importante das axudas directas que se destinan a territorios que non son os do Norte de España. Se estamos a defender as catro comunidades que se estableza un límite máximo á percepción de axudas de 60.000 euros por solicitante, e vemos que a media de axudas da PAC que perciben os agricultores e gandeiros da Cornixa Cantábrica é de entre 6.000 e 10.000 euros hai que pensar que hai moitos perceptores noutras zonas que perciben importes moi superiores aos 60.000 euros. Este modelo non pode continuar: as axudas da PAC débense destinar preferentemente aos que produzan alimentos e aos agricultores e gandeiros que lles custa máis producir. E no caso da Cornixa o territorio e a orografía condicionan o que podemos producir e a rendibilidade do que producimos. Desde Galicia e desde outras comunidades os gandeiros miran con sa envexa os prezos que perciben as gandarías de vacún de leite de Asturias, cunha media de 2 céntimos por litro máis que a media española. ¿Cal é a clave que explica este diferencial? Desde o fin das cotas en 2015 e as crises de prezos posteriores Asturias enfrontou mellor esa situación. E isto non quere dicir que os nosos gandeiros non teñan problemas, como unhas marxes de rendibilidade moi comprometidas e que se vexan expostos ás oscilacións de prezos do mercado. Pero o sector lácteo de Asturias ten unha fortaleza indiscutible e recoñecida que é que o 70% dos produtores forman parte dunha cooperativa -Central Lechera Asturiana- que ademais é accionista maioritaria dunha industria láctea -CAPSA- e isto permite soster un mellor prezo do leite. Inflúe tamén que haxa outras empresas de capital privado asentadas en Asturias e que tamén teñen compromiso co noso territorio.
“A clave en Asturias non é tanto producir máis leite senón vender os nosos produtos a un mellor prezo”En todo caso, o sector lácteo de Asturias ten tamén problemas que compartimos: perdemos explotacións do mesmo xeito que no resto de España e é clave atallar esa falta de relevo xeracional, dándolles aos gandeiros un horizonte de que poden vivir da súa granxa. Sen embargo, desde o fin das cotas Galicia foi unha das comunidades que menos aumentou a súa produción láctea. ¿Preocupa ao goberno rexional? Cremos que podemos seguir incrementando a produción, porque España é deficitaria en produtos lácteos, pero a decisión de producir máis corresponde aos gandeiros. E hai moitos gandeiros que prefiren non incrementar a produción e mellorar a rendibilidade. Por outra banda, a base territorial tamén condiciona moito. A clave non é tanto producir máis leite senón vender o produto a un mellor prezo, cun maior valor engadido dos nosos produtos lácteos. Un tema que preocupa ás gandarías de vacún de leite da cornixa é a normativa de xurros e como quedará finalmente. ¿Cal é a postura do Goberno de Asturias e como prevedes que quede a normativa estatal? Desde Asturias sempre dixemos que a achega de emisións de amoníaco á atmosfera do sector de vacún de leite e de carne é pequena, e que si que son moito máis importante as emisións do sector porcino. Tratamos de explicar que esa normativa do Ministerio de aplicar o xurro para que se aproveite mellor o seu valor fertilizante e se reduzan as súas emisións de amoníaco non sempre é posible aplicala en Asturias, pola nosa orograría, pendente, tamaño das parcelas....etc. Todo isto plasmámolo na nosa normativa que exime da aplicación da norma estatal a unha porcentaxe moi elevada das parcelas. A novidade da regulación estatal deste ano é que nos obriga a exceptuar todas as parcelas con máis do 20% de pendente, algo que xa cumprimos pois unha parta moi importante dos concellos asturianos están clasificados como zona de montaña.
“A normativa do Ministerio sobre aplicación de xurros veu para quedar”A próxima PAC vai primar máis aínda as medidas ambientais, polo que a normativa do Ministerio veu para quedar. O que dicimos é que o sector gandeiro non é o problema, senón parte da solución, pero sempre tendo en conta a realidade de cada territorio.
“Temos que manter os servizos públicos e dar acceso a internet para que a xente viva no rural”Retos para a próxima lexislatura? Temos que ser capaces de soster os servizos públicos no rural, como escolas, centros rurais agrupados, centros de saúde e consultorios, servizos sociais, actividades de lecer...etc. Presentamos hai unhas semanas a iniciativa ASTELECOM, unha estratexia pola que imos investir máis de 14 millóns de euros para mellorar o acceso a internet naquelas zonas onde non chega a iniciativa privada por falta de rendibilidade. Por último, insisto en que é clave que a próxima PAC discrimine positivamente ás gandarías familiares e de zonas de montaña como son as da Cornixa Cantábrica.