O Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia organiza para o día 15 de xaneiro, martes, o cuarto Encontro da Mocidade Gandeira, que se celebrará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
O programa da xornada é o seguinte:
-11:00 Recepción.
-11:30: Charla: “Só hai unha oportunidade de facelo ben”.
-12:00 Café
-12:30 Charla: “Formación ao carón da vida”.
-13:00 Mesa redonda
-14:00 Conclusións e clausura.
-14:30 Xantar.
O encontro está aberto ao público previa inscrición enviando un email a clubexovenes@fefriga.com ou chamando ao teléfono 981 573 879