Denuncian que “inspectores de traballo intimidan os labores da vendima”

Publicidade
Denuncian que “inspectores de traballo intimidan os labores da vendima”

Vendima con veciños e familiares

Estes días están a ser os días fortes da vendima en todas as zonas produtoras de uva da Galiza. En moitos casos este labor de vendimar realizase coa colaboración dos familiares do titular da viña e mesmo coa axuda dos veciños e veciñas, que se prestan axuda mutua.

Esta práctica dáse, fundamentalmente, entre as explotacións consideradas como familiares, que son a maioría das que existen na Galiza. Porén, dende a Asociación Galega de Viticultura (AGV), entidade vinculada á Federación Rural Galega (FRUGA), denuncian que “estes traballos colaborativos estanse a ver entorpecidos pola acción intimidatoria de inspectores de traballo que se están a persoar nas viñas onde se está vendimando, acompañados nalgúns casos, da Garda Civil, solicitando a identificación de todas e cada unha das presentes na viña”.

“Posteriormente -engaden- todas elas vanse ver obrigadas a se desprazar até a inspección de traballo co obxecto de xustificar a súa condición de colaboradores, o que pode dar lugar a que o titular da viña se teña de enfrontar cunha proposta de sanción”.

Ante esta situación, a Asociación Galega de Viticultura (AGV) subliñan que “aínda que non estamos por amparar irregularidades, como que traballadores temporais pasen por persoas colaboradoras en detrimento dos seus dereitos laborais, sen embargo si reclamamos un trato diferenciado para estes casos de traballo de tipo colaborativo que sempre se deron no agro galego”.

Por este motivo, dada as especiais características do traballo en común, desinteresado, solidario e de colaboración social, desde a Asociación Galega de Viticultura, reclaman do goberno galego “que habilite todos os mecanismos que sexan necesarios para que esta realidade teña cabida no ordenamento xurídico e, deste xeito, evitar calquera tipo de sanción, que teña como orixe este motivo”.

Neste sentido a Asociación Galega de Viticultura, vai solicitar unha reunión co subdelegado provincial de Ourense para tratar deste asunto.

Máis información:

-¿Como axudar no campo sen ser sancionado pola Inspección de Traballo?

Una idea sobre “Denuncian que “inspectores de traballo intimidan os labores da vendima”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información